Javier Bas manipulou á comunidade educativa coa cuberta do Colexio Santa Mariña

Foto: Faro de Vigo
Foto: Faro de Vigo

Na sesión plenaria do mes de xaneiro, representantes do goberno municipal de Redondela, recoñeceron que non ían afrontar a construción do patio cuberto do centro educativo, por seren  competenza da Xunta.

Javier Bas manipulou á comunidade educativa coa cuberta do Colexio Santa Mariña

“Hai oito anos, esta demanda converteuse nunha das promesas electorais que apupou a Javier Bas á alcaldía de Redondela. Comprometeuse a que o patio cuberto íase construír. Hoxe demóstrase que se tratou dun engano do Partido Popular á comunidade educativa, cando nunca tiveron vontade para facelo”, afirma o concelleiro do BNG.

A vella demanda da construción da cuberta para o patio, co fin de que os máis de catrocentos alumnos e alumnas puideran desfrutar dun espazo de xogo, nos días de choiva, contou cun importante apoio social.  Dende acordos asemblearios, recollida de ata 3.000 sinaturas, mobilizacións ante a Xunta, tanto en Vigo como en Compostela, acordos plenarios. Daquela, o candidato Javier Bas recollera esta demanda, como promesa electoral. “Unha vez que chegou a alcaldía todo foron escusas, mesmo ameazas por considerar que a ANPA estaba politizada”, recorda o edil nacionalista.

Segundo o Xoán Carlos González “manipulouse e enganouse á comunidade educativa co único fin de apañar votos, para máis tarde desentenderse dos seus compromisos”. Considera que se está a castigar ás familias e alumnado por seren tan reivindicativo nunha proposta lóxica. “Agora recoñecen que nunca foi competenza do Concello, nin nunca tiveron vontade para construír o patio cuberto”.

Xoán Carlos González empraza a Javier Bas, a presionar ante a Xunta de Galiza, para que o patio cuberto do CEP Santa Mariña, sexa unha realidade. “O alcalde de Redondela, está obrigado a cumprir unha promesa de xa hai oito anos, ademais de pedir perdón por teren enganado ao alumnado, familias e profesorado”, remata na súa nota.