Merquemos no comercio local en galego

EMOvkGZWoAAHqHl
Merquemos no comercio local en galego

Varias teñen sido as campañas que ten desenvolvido o Bloque Nacionalista Galego en defensa do comercio de proximidade en Redondela. Temos posto o acento na relevanza de centrar as compras durante todo o ano na actividade comercial, principalmente en Chapela e Redondela. Porque crea emprego, axuda a apegar poboación no concello, oferta produtos de calidade, permite a venda personalizada.

Ademais da ameaza do Covid, a proliferación das grandes áreas comerciais e as vendas  multinacionais online, convertéronse en verdadeiras ameazas ao comercio local. Dende o BNG de Redondela, presentamos varias mocións ao Pleno, rexeitando grandes áreas comerciais como a do Celta de Vigo en Mos. O PP votou en contra da nosa proposta, amosando a súa submisión a Feijóo quen mantén unha lexislación que fomenta este tipo de áreas comerciais, en contra do pequeno comercio.

Mais tamén queremos manifestar o apoio do BNG ao comercio que vende en galego, que anuncia en galego, que se dirixe no noso idioma aos e ás clientes, porque tamén o galego constitúe un selo de calidade na oferta comercial e para as vendas. Merquemos no comercio local en  galego.

Merquemos no comercio local en galego