Millo Verde e Festival de Títeres, reciben subvencións da Deputación.

61805728_1277854815706554_1794600046809841664_n
Millo Verde
Millo Verde e Festival de Títeres, reciben subvencións da Deputación.

Nas pasadas semanas publicábanse as subvencións concedidas polo servizo de Cultura da Deputación de Pontevedra correspondentes ao mes de maio, recollidas no Programa “Desenvolvemento de festivais musicais e artes escénicas”.

Dende que o nacionalista Xosé Leal, asumiu a área de Cultura e Normalización Lingüística da Deputación de Pontevedra, un dos eixos da súa política constituíuna a publicación de bases obxectivas e transparentes para a promoción das diversas manifestacións da nosa cultura. En moitas ocasións as axudas, superaron as aportacións de quen debería fomentar esta area, a Xunta de Galiza.

Entre as aprobadas, dúas refírense a festivais de longa tradición, e ben consolidados na oferta cultural de Redondela; Millo Verde e Festival de Títeres. En concreto, para o primeiro dos eventos, aprobáronse 11.166€, mentres que para o segundo a dotación ascendeu a 15.000€. Outros festivais da mesma índole, do resto da provincia recibiron igualmente axudas económicas para garantir o seu financiamento.

Queda máis que claro, que é moi posíbel chegar a apoiar economicamente, moitos festivais, eventos, actividades culturais, … se se elaboran unhas bases obxectivas e transparentes, que dean cabida a este tipo de manifestacións da nosa cultura de base.

 

Millo Verde e Festival de Títeres, reciben subvencións da Deputación.