Ante unha modificación do IBI caprichosa, o BNG actúa con responsabilidade.

89299-project_detail-1
Aeroporto de Peinador

Unicamente Enrique Fojo apoiou a Xoán Carlos González na defensa da reclamación do BNG que pretendía o aumento da recadación, de 281.000 a uns 330.000€ por contribucións especiais: AUDASA, AENA, empresas nos terreos competenza da Autoridade Portuaria de Vigo. O escrito asinado polo responsábel local nacionalista, Anxo Lusquiños, “daba cordura á modificación caprichosa imposta polo goberno municipal de Redondela”.

Ante unha modificación do IBI caprichosa, o BNG actúa con responsabilidade.

Dende que o alcalde de Redondela, quen verdadeiramente posúe a competenza, plantexou unha modificación do IBI, unicamente para gravar a AUDASA, agora que o PP deixou o goberno de Madrid,  dende o BNG trazouse unha liña de actuación, para un beneficio real da veciñanza. Por moi “simbólica e caprichosa” que fora esta suba, escasos 1.000€, non iamos deixar escapar a oportunidade de subirlle a esta empresa, de aí o apoio á proposta.

Manifestado por AER, que nas negociacións o goberno de Javier Bas, non ía a abrir a posibilidade de negociar outros apartados da suba do gravame, aproveitouse dende o BNG o prazo de presentación de reclamacións co fin de presentar un texto que levara a que o Concello subira os impostos a AENA, empresa que xestiona o aeroporto de Vigo, e ás empresas situadas en terreos da Autoridade Portuaria.  Coñecidos por tod@s, os negativos efectos que a actividade de ambos entes, teñen para a veciñanza de Vilar (contínuo movemento de tráfico aéreo, en horas de descanso que mesmo pode chegar a seren utilizado as 24h.); ou de Chapela (máis de 200 camións diarios grande tonelaxe que cruzan unha das zoas máis intensamente poboadas), non se escatimaron esforzos en prantexar a reclamación.

Non acreditou o voceiro do BNG, defensor da reclamación, durante o Pleno Extraordinario de decembro nos argumentos dados polo PP, PSOE, AER, baseábase nun “posíbel indefensión” das empresas e entes, e dunha “posíbel nova vontade” do goberno de Javier Bas de renegociar a ordenanza. Non cedeu un milímetro no seu posicionamento inicial, Xoán Carlos González, de que o tipo de gravame tamén debería afectar a portos e aeroportos.

Cómpre aclarar que de seren aprobada cun proceso similar no mes de setembro a modificación do imposto de rodaxe, posibelmente hoxe, dende os grupos da oposición, poderiamos imporlle ao PP, novas taxas. Daquela, os votos en contra de PSOE, AER, e concelleiro non adscritos estragaron esta posibilidade.

As escusas das posíbeis impugnacións por parte das empresas, caen polo seu propio peso. A ordenanza entrará en vigor no ano 2019, cobrándose en xaneiro de 2020, polo que se disporía de todo un ano para modificar o IBI, e en todo caso cargarlle ás empresas, que xa se verá se están en disposición de presentar un contencioso.

Volve saírse coa súa Javier Bas e o seu equipo de goberno, ao utilizar a presión, o medo e a chantaxe sobre os grupos da oposición para sacar adiante as súas propostas. O BNG non vai ceder a estas presións, porque se trata dun goberno en minoría que actúa con fins partidistas e electoralistas, movido polo desquite sen ter de verdade en conta á veciñanza..

O Bloque Nacionalista Galego vai seguir apostando por modificar esta ordenanza, incluíndoa no Programa de Goberno como unha das primeiras medidas a desenvolver nun novo goberno municipal a partires de maio.

Ante unha modificación do IBI caprichosa, o BNG actúa con responsabilidade.