No 1º de maio, a militancia do BNG de Redondela, mobilízase coa CIG.

No 1º de maio, a militancia do BNG de Redondela, mobilízase coa CIG.

A convocatoria de Vigo, xuntou á maioría de membros da organización local. Noutras capitais, tamén houbo presenza de militantes redondeláns.

O sindicato nacionalista CIG, convocou para o domingo ás 12 horas a súa manifestación central en Vigo. Con saída no cruce de A Dobrada, miles de persoas ateigaron a mobilización.

Baixo o lema “Contra as Reformas Laborais, e a Lei Mordaza”, desenvolveuse unha manifestación que chegou ata a Porta do Sol.

O BNG de Redondela, como noutras ocasións, apoiou esta manifestación na cidade viguesa. Ata alí desprazáronse varias ducias de membros da organización local de Redondela. “Como nacionalista, mobilizámonos coa central que ten en Galiza o seu eixo de acción. Aínda por riba, apoiamos o 1º de maio, cun claro sentido internacionalista”, afirmou Anxo Lusquiños, en nome da organización local.

Certo que o conxunto do Estado está a padecer unha forte crise económica, mais non podemos esquecer que no caso concreto de Galiza, as consecuencias desta crise son devastadoras. Non podemos esperar a que nos resolvan os problemas dende fóra. Na Galiza temos os salarios e as pensións máis baixas do Estado español. Padecemos a maior taxa de emigración xuvenil. Aínda tendo no noso País enormes recursos e potencialidades, non nos deixan vivir do noso traballo por imposición de Madrid e Bruxelas. En Galiza, como media, traballamos máis horas e cobramos menos. Duplicamos a taxa de siniestralidade laboral do Estado, triplicando a da UE.

Necesitamos decidir nós mems@s o noso futuro, conquistar a soberanía para podermos garantir o dereito a vivir e traballar con dignidade na propia Terra.

Por diferentes motivos, algúns membros do BNG de Redondela tiveron que participar noutras manifestacións do 1º de maio no resto da Galiza. Así en Pontevedra, Ourense ou Lugo, houbo militantes da organización local. O caso era participar desta festa reivindicativa na defensa dos dereitos laborais, mantendo o compromiso do traballo a prol das clases traballadoras e dos nosos sectores produtivos.

Viva a CIG!

Viva o BNG!

Viva o 1º de maio!

IMG-20160501-WA0005