COMUNICADO DO  BLOQUE NACIONALISTA GALEGO:

Para que nos escoiten en Madrid. Agora é o momento!!!

AP-9 galega e sen peaxes.
AP-9 galega e sen peaxes.
Para que nos escoiten en Madrid. Agora é o momento!!!

Ante a manifestación organizada polas Asociacións de Veciños de Chapela e Teis, o sábado 23 de febreiro ás 18.00h dende Torres de Padín para a Supresión da Peaxe en Rande, desde o BNG de Redondela queremos felicitar ambas entidades por esta necesaria iniciativa e amosar o noso incondicional apoio.

 

Nos últimos anos Chapela sufriu unha inútil Ampliación, sen compensacións ata o de agora, con ducias de vivendas afectadas, sen reposición de moitos dos servizos e cun evidente empeoramento da calidade de vida da veciñanza. Debemos mobilizarnos para reclamar as compensacións prometidas, como a instalación de pantallas acústicas, e as expropiacións necesarias, así como o cumprimento de todas e cada unha das addendas aínda pendentes de execución.

 

Durante as obras da Ampliación, AUDASA aumentou as súas ganancias, mentras que FOMENTO mirou para outro lado, en lugar de levar a cabo os trámites para converter en urbano todo o tramo da AP-9 desde Vigo ata Rande, e a apertura dunha conexión coa autoestrada nas Torres de Padín, tal e como se leva solicitando desde hai anos.

 

Desde o BNG Chamamos á participación a todos os veciños e veciñas de Redondela. Só cunha presenza de miles de persoas na rúa acadaremos a eliminación esta inxusta Peaxe; a máis cara de Galiza.

 

En zonas como Redondela, Vilavella, Cesantes, Quintela, Alto dos Valos, Cedeira, Negros, Vilar ou Cabeiro, aumenta o tráfico que pretende evitar a autoestrada para non pagar peaxe.

 

Sen Peaxe en Rande, tanto Chapela como outras parroquias de Redondela van deixar de sufrir o paso de 15.000 vehículos diarios. Os veciños e veciñas gañarán na mellora das súas condicións de vida, con verdadeiros procesos de Humanización destes entornos urbanos.

 

Todos os sectores sociais, económicos e turísticos, vanse ver beneficiados tras a Supresión da Peaxe.

 

Facemos un chamamento ao peche de comercios e establecementos en Chapela, Redondela e no Alto de Cesantes, durante as dúas horas que dure a Manifestación do sábado 23 de febreiro, en apoio da mobilización, xa que tamén se verán beneficiados da Supresión.

 

Desde o BNG levamos anos en loita para a eliminación da Peaxe, vendo como  o paso dos gobernos do PP e do PSOE non supuxeron ningún tipo de avance. O momento É AGORA.

 

Dende o BNG entendemos que é necesaria unha maior presión política, mais tamén a mobilización social, a solidariedade veciñal, e o compromiso dos distintos sectores para GAÑARMOS esta batalla pola ELIMINACIÓN DA PEAXE

 

 

ELIMINACIÓN DA PEAXE EN RANDE