Novo capítulo do vergoñento caso das subvencións a ANPAs.

Novo capítulo do vergoñento caso das subvencións a ANPAs.

O concello realiza o pagamento, agora si, das subvencións a ANPAs do curso 14/15 e dos comedores do 1º e 2º trimestre.

A xestión do goberno de Javier Bas, non pode considerarse máis que calamitosa. Mais no eido dos servizos sociais e do ensino, adquire tintes de tráxica. Despois de meses de xestión, xuntanzas coa concelleira de ensino, co propio alcalde, etc., ata que non se denuncia públicamente por parte das ANPAs, que se van tomar medidas, non se realizan os pagos de subvencións.

Tal como se tén dito dende o BNG, a o Partido Popular non lle interesa o ensino público, en ningunha das súas acepcións. No caso de Redondela, a situación agrávase posto que con esta dinámica de continuas xuntanzas, e peticións de pagos, o que se pretende é crear un estado caciquil e concesión caritativa, do que se reclama por xustiza.

O pago nos últimos días, das subvencións a estes coleitivos, afonda nesta deriva na que paseniñamente Redondela, caíu dende que o Partido Popular colleu as rendas do goberno.

Outro dos obxectivos que na súa acción de goberno pretende o equipo de Javier Bas, é o da desmovilización e desmoralización daquelas persoas que se implican en calquera actividade de “carácter público”. Se non pasan polo filtro, poñeránselle todas as trabas posíbeis.

Constitúe un acto totalmente vergoñento, que a iniciativa das directivas das ANPAs, sexa sempre obstaculizada polo goberno de Javier Bas. Coleitivos integrados por nais e pais, que de xeito desinteresado, traballan para desenvolver actividades que permitan unha mellora na formación dos nenos e nenas, e que faciliten a conciliación da vida escolar e familiar.

No canto de respaldar, promocionar, e mesmo “mimar” a estas asociacións, o goberno de Javier Bas, pretende silencialas. Non imos permitir dende o BNG, nin un só dos obxectivos do o goberno do Partido Popular en Redondela. A moción do cese da concelleira de ensino, vai polo camiño de poñer o acento, non na maior responsábel desta situación, xa que no seu caso sería o propio alcalde, mais si en alguén que desenvolve un papel moi relevante na situación das ANPAs.