Obras na Ponte en Casal do Monte, Saxamonde: manipulación e mentiras do Partido Popular.

Obras na Ponte en Casal do Monte, Saxamonde: manipulación e mentiras do Partido Popular.

Na mesma obra, inclúense dous proxectos: un sobre a propia ponte, e outro de ampliación do vial. Durante anos no Consello Parroquial, o representante do BNG, prantexou diversas preguntas e iniciativas, dándolle largas e excusas. Agora o PP, pretende sacar tallada duns retrasos que son directamente responsabilidade súa.

Unha nova obra, licitada de xeito eleitoralista en ano de eleicións, que únicamente servíu para darlle publicidade ao PP. Hai xa cinco anos que prometeron á veciñanza que se iba a realizar a obra.

“Non se levaba ningún Proxecto ao Consello Parroquial, salvo requeremento do BNG. Propuxemos que as asociacións fixeran aportacións, posto que pola ponte discurre a Traída de Auga”, afirma o concelleiro Xoán Carlos González. Cando xa parecía que todo estaba solucionado, introduciron a proposta de ampliar o vial nas dúas antradas da ponte. Foron pasando os meses, aducindo continuamente que había problemas coa veciñanza para a cesión.

Finalmente a obra chegou a licitarse, máis volveu a sufrir un novo retraso posto que ADIF, pedía unha fianza moi elevada ás empresas, que renunciaban a executar a obra.

“Agardamos pacientemente tanto a veciñanza como o BNG, sendo conscentes da dificultade da obra. Sabiamos que se iba a licitar en periodo eleitoral, máis os tempos os marcou sempre o goberno de Javier Bas”, recorda o edil nacionalista. “Agora parécenos actuar de xeito desleal, con revanchismo, e de xeito partidista a denuncia de retrasos na obra por parte do Partido Popular. Algo que xa era esperado”, remata o edil nacionalista.