Orzamentos 2016. Aumentan os convenios nominativos en 130.000€

Orzamentos 2016. Aumentan os convenios nominativos en 130.000€

Os “vergoñentos” orzamentos aprobados polo goberno de Javier Bas, en Xunta de Goberno o 30 de xaneiro, unha hora despois de seren rexeitados polo Pleno da Corporación, plasmaron sobre papel, a política do Partido Popular. No que se refire a convenios nominativos, sofren unha suba duns 130.000€.

Os convenios nominativos están dirixidos a subvencionar determinadas entidades ou asociacións para que poidan desenvolver as súas actividades. Trátase dun recurso cun regulamento, e perfectamente asumíbel, mais moi cuestionábel dende o punto de vista político. Escapan, en grande medida, ao control democrático das bases ás que poden optar todas as institucións da mesma área, que aquela que foi designada polo equipo de goberno.

O BNG, considera que a sinatura destes instrumentos de colaboración con entidades, deben recollerse de xeito puntual e excepcional. O goberno de Javier Bas, como sempre, presentouse como auténtico renovador da política local. Este tipo de subvencións, ían estar moi controladas. Nada máis lonxe da realidade.

Estes orzamentos do 2016, que agora entran en vigor, testifican o manifestado: o goberno de Javier Bas pula polos convenios nominativos. En concreto, ascenden de 200.000€ do ano 2014, aos 330.000. Trátase dunha suba de arredor de 130.000.

“Actúa, unha vez máis, o goberno de Javier Bas, coa mesma prepotencia que un goberno en maioría”, afirma o concelleiro do BNG, Xoán Carlos González. “Este tipo de subvencións escapan ao control democrático das subvencións e axudas ás que deben optar outras entidades ou asociacións”.

Considera o concelleiro nacionalista, que “deben ser empregadas en casos puntuais e moi excepcionais. Este goberno de Javier Bas, segue a senda de comprar vontades”.

Orzamentos 2016. Aumentan os convenios nominativos en 130.000€