Un palco e a exección do cobro do IBI, privilexios que deben ser suprimidos.

Un palco e a exección do cobro do IBI, privilexios que deben ser suprimidos.

En consonancia cos seus postulados o BNG apoiou as Mocións presentadas no Pleno.

Dúas eran as mocións que a Agrupación de Electores, presentou no Pleno de Abril. As dúas tiñan a ver con determinados privilexios que se manteñen entorno á Igrexa. Por unha banda, a preeminencia de membros da Corporación, na actuación da Danza das Espadas, e da Igrexa por non pagar o IBI, como calquera outra entidade.

Cecilia Pérez, como voceira do BNG, foi a encargada de defender a argumentación desta forza política.

En canto á problemática do Palco, destacou que “nunca foi tradición que membros da Corporación, e representantes do exército ocuparan un palco”. Reprochou que fora o Partido Socialista, quen se encargara de iniciar esta teima, que o PP mantén ata este ano.  Neste momento, deixou ben clara a postura da militancia do BNG, “nunca, ningún concelleiro ou concelleira do BNG, participou de ningún acto de carácter relixioso. Como cargos electos pola cidadanía debemos ter presenza destacada en actos de carácter político ou social, nunca relixioso”. Como noutras ocasións defendeu o dereito persoal de cada concelleiro a asistir a actos de carácter relixioso, que a súa conciencia lle aconselle, mais non como cargos electos.

Dende o PP, e tal como era de esperar, defendeuse todo o contrario. Nunha visión do que debe ser o carácter electo, Miguel A. Ballesteros, afirmou que as procesións e actos relixiosos deben contar coa presenza do alcalde e concelleiros, pois trátase dunha das súas funcións e responsabilidades.

Como xa ten destacado noutras ocasións, Cecilia Pérez, avogou polo dereito de cada quen, a participar nos actos que considere axeitados, mais no caso dos relixiosos deben ser a título persoal. Congratulouse a voceira do BNG, que despois de trinta anos o PSOE, tamén tomara este camiño.

En canto ao cobro do IBI á Igrexa, destacou que a primeira sentenza favorábel ao cobro, en todo o estado español, foi nun concello gobernado polo BNG, neste caso do de Allariz.

A concelleira de facenda, Ana Alonso, limitouse a ler as cláusulas que eximen á Igrexa ao pago de impostos. Afirmou que en Redondela, non existe casuística deste tipo. Tendo en conta esta argumentación, o Grupo Municipal do BNG vai facer un seguimento á operación urbanística que está pendente de facer a diocese en Redondela.

A importancia desta moción reside, en que en tempos en que ao conxunto dos cidadáns, se lle está a pedir esforzos de todo tipo, á igrexa católica, como a calquera outra, debe esixírselle que pague tamén os seus impostos. Exección

Un palco e a exección do cobro do IBI, privilexios que deben ser suprimidos.