O Partido Popular, sae gañando.

Xoan Carlos Gonzalez na toma de posesión da súa acta de concelleiro en Redondela.
Xoan Carlos Gonzalez na toma de posesión da súa acta de concelleiro en Redondela.
O Partido Popular, sae gañando.

No anterior mandato con 9 concelleir@s máis o alcalde, gañaban 185.000€ anuais. Co acordado no Pleno do 1 de Xullo 8 concelleir@s, máis o alcalde, 209.000€.

Na proposta inicial presentada polo Bloque Nacionalista Galego, no Pleno de 30 de xuño, Xoán Carlos González, argumentou a necesidade de reducir o soldo do alcalde ata un 20%. Deste xeito, quedaríase a asignación do alcalde de Redondela, non de Javier Bas, en 45.000€. Non estaba moi alonxada a proposta nacionalista das de AER, con 41.000€ e a do PSOE en 40.000€.

Seguindo coa proposta para asignacións a concelleir@s de goberno. Non só na análise de poderen organizar e xestionar un Concello, senón na práctica amosada no anterior mandato polo propio goberno do PP, tres persoas liberadas xunto ao alcalde, poderían gobernar un Concello de 30.000 habitantes.

Deste xeito a proposta do BNG concretábase nunha asignación de 2.500€ mensuais, en  14 pagas. Xustificaba esta proposta, en que se se demandan melloras salariais para traballadores/as do Concello en 14 pagas, tamén para este persoal eventual. Non hai nin demagoxia, nin incoherencia.

Segundo a proposta nacionalista, o grupo de goberno chegaría a 180.000€/ano. Onde non se metía o BNG, era na fórmula que quixera empregar o equipo de goberno de “redistribución” deste montante.

A pesares de que houbo un ofrecemento para chegaren aos 40.000€ propostos polo PSOE, aceitouse tal cal a proposta da alcaldía: 45.000€. Malia todo, un aforro de 10.000€ anuais para as arcas do Concello de Redondela.

En canto á asignación a concelleir@s, asumiron a proposta de AER: 4 concelleir@s con 23.000€, e outros 4 con 16.000€.

A pesares de que se trata dunha rebaixa, principalmente no soldo do alcalde, no montante total o Partido Popular, sae gañando. Un grupo de concelleir@s pasan de cobrar 1.200€ a 1.900€, outro grupo de 1.200€ a 1.500€ cada mes. Alguén dubida agora que o PP é unha”axencia de colocación”?

 

 

 

Mandato 2011/2015Proposta BNG mandato 2015/2019Acordo plenario2015/2019
Retribucións alcaldía ano56.800€Retribucións alcaldía ano45.000€Retribucións alcaldía ano45.000€ (proposta BNG)
Retribucións concelleir@s equipo goberno ano (9)129.600€

 

Retribucións concelleir@s equipo de goberno ano (3 concelleir@s) 

3x2.500€x14= 105.000€

 

(90.000€, no caso de seren 12 pagas)

 

 

Retribucións concelleir@s equipo goberno ano (8) (Proposta AER)23.000€x4= 92.000€

 

18.000x4=  72.000€

Total186.400€Total150.000€Total209.000€