O Plan Concilia, novo exemplo do desinterese do goberno de Javier Bas.

O Plan Concilia, novo exemplo do desinterese do goberno de Javier Bas.

“Uns sesenta nenos e nenas quedaron fóra das actividades. O Progama Concilia, condicionado pola obsesión do goberno Bas de aforro na xestión”, afirma o concelleiro do BNG, Xoán Carlos González.

O concelleiro nacionalista recorda que “xa se tén denunciado esta situación, nos últimos anos”. Enumera os pasos dados dende a concellaría de igualdade, complicando o proceso na presentación de solicitudes, establecendo un número pechado de prazas, véndose forzados a cambiar os criterios, ata chegar ao absurdo de “teren que celebrar un sorteo” para elexir que nenos e nenas podían participar do Plan Concilia únicamente no mes de xullo. Esta situación, que Xoán Carlos González, considera “caótica”, supuxo que varios traballadores tiveran que adicar días enteiros a solucionar un problema creado polo equipo de goberno.

Na súa nota, o concelleiro do BNG rexeita que por culpa da proposta do goberno de Javier Bas sesenta nenos e nenas queden fóra do Plan Concilia. “E iso tendo en conta a campaña disuasoria posta en marcha dende a concellaría, deixando ben claro que únicamente poderían anotarse aqueles pequenos e pequenas quen tiveran aos pais traballando no momento da convocatoria”, aclara.

Recorda o concelleiro nacionalista que “sabiamos que se iba a tratar dunha convocatoria calamitosa, por iso negámonos a apoiar a moción da Agrupación de Eleitores, que pretendía arranxar a problemática creada polo goberno de Javier Bas”.

Para o concelleiro nacionalista a orixe deste caos reside en que o goberno de Javier Bas prima os intereses económicos, sobre o de prestar uns verdadeiros servizos de calidade. “Namentras fachenda da súa impecable xestión económica, algo que pode servir nunha empresa privada, deterióranse a atención ás familias de Redondela, no que o Plan Concilia, únicamente é nova mostra”, valora.

Finalmente na súa nota o concelleiro do BNG, salienta que “non nos imos a calar ante o deterioro constante da atención aos veciños e veciñas, aos que os está sometendo o goberno de Javier Bas. A atención de calidade debe primar sobre os intereses economicistas e persoais”.