PP e AER rexeitan a reasignación de soldos non cobrados.

PP e AER rexeitan a reasignación de soldos non cobrados.

Cos seus votos, impediron que arredor de 12.000€ pasaran aos convenios de LENDA e ANDAINA. Serviulles, agora si, o informe de Intervención

A moción presentada polo BNG, referíase ao concepto de emolumentos non cobrados dende a toma de posesión dos novos concelleir@s. Xoán Carlos González, prantexaba non o aforro real producido, senón que a partida que se tería investido no caso de cobraren dende o 15 de xuño, pasara a organizacións tan relevantes como as propostas.

O concelleiro nacionalista, salientou o importante papel desenvolvido tanto por LENDA como por ANDAINA. Ambas as dúas asociacións subsisten cun moi escaso financiamento das administracións públicas, en mans do Partido Popular. “A aportación destes 12.000€, podería ser unha colaboración moi relevante”, segundo Xoán Carlos González.

Botou man a voceira do goberno municipal, de argumentos que pretendían desvirtuar o debate. Dende a existencia doutras asociacións que tamén merecían estas axudas, ata que o único que pretendía o voceiro nacionalista, era o protagonismo persoal. Mais o principal recurso foi o da existencia dun informe do Interventor.

En dito informe, unicamente se recollía que non existía un aforro real, posto que non había unha partida non gastada. AER, tamén se escudou en dito informe para non apoiar a proposta do BNG. Todo o contrario do sucedido cunha partida de 5.000€, que se concedeu a unha entidade benéfica, na que o informe de Intervención tamén amosaba as súas dúbidas sobre a pertinencia da proposta. “Daquela, recollía que as partidas de servizos sociais estaban esgotadas, polo que habería que retraer doutras para que o convenio pasara de 7.000 a 12.000€”, recorda Xoán Carlos González.

Conseguiu o equipo de Javier Bas, que a suba de soldos pactada con AER, non se vira reflectida en botar man doutras. Aproximadamente, son eses 12.000€ os que aumentan os soldos do equipo de goberno ata fin de ano.

Finalmente a proposta de resiagnación de soldos non cobrados, rexeitada conxuntamente por PP e AER, non saíu adiante. O voceiro nacionalista considera “que se perdeu a oportunidade de actuar con xustiza, dende o Concello, con dúas organización tan relevantes en Redondela”.