O PP, “apagalumes” na mala xestión de Política Social na crise do CAPD Chapela

BNG Redondela
BNG Redondela

Respostando á información publicada polo BNG, o PP amósase como un partido que  pon as institucións ao servizo do partido, manexando información privilexiada.

O PP, “apagalumes” na mala xestión de Política Social na crise do CAPD Chapela

Ocultouse información á primeira representante da veciñanza, cando xa había un falecido. Nese espírito de unidade e ir da man do goberno, para o BNG o filtro para manexar coñecer todo o que sucede no concello é a alcaldía de Redondela. Polo tanto, os datos que nos transmiten serán os correctos. O tempo demostrou que se ocultou información, co único obxectivo de non empañar a incompetencia de Política Social.

O máis lamentable do caso: que dous cidadáns que tiveron que abandonar o seu fogar, o CAPD de Chapela, finaron no hospital, ocultándose calquera vinculación. Alguén podería entender que unha vítima dun sinistro de tráfico non contabilizara por finar no hospital? Alguén podería entender que unha vítima de violencia de xénero non computara como tal, por morrer no hospital? Novamente o PP, emprega a manipulación e as mentiras.

Unha das características da estrema situación vivida durante estas semanas pola epidemia do COVID-19, afectou á xestións de centros dependentes de Política Social. Un deses centros, o CAPD Chapela converteuse nun dos máis afectados. A estratexia dos responsábeis, “política de feitos consumados, o que se saldou con setenta infectados e infectadas, e o finamento de dous residentes”.

Dende a mesma semana do estado de alarma, decretado polo Estado, os e as representantes sindicais, amosaron a súa preocupación pola escaseza de material preventivo, a inconcreción das instrucións de Política Social, e a descoordinación.

Pasaron os días, pasando dos temores á crúa realidade. O día 24, detectáronse os primeiros casos, co que aumentou a anguria entre o persoal e as familias. A partir de aquí reaccionou, tarde, a Xunta.

Durante días, a preocupación estendeuse, e malia implementar medidas efectivas coa dotación de material de protección, tests ao persoal, … a Xunta limitouse a unha limpeza nos exteriores do CAPD, iso si, con grande profusión de medios de propaganda.

A organización interna do centro, permitiu artellar fórmulas de atención e illamento, para conter a epidemia. Preto dunha ducia de hospitalizacións, onde finalmente finaron dous usuarios.

Atopámonos ante un dos casos máis escuros pola incompetencia e manipulación da Xunta de Galiza, na xestión da epidemia na nosa Comarca,.

O PP, “apagalumes” na mala xestión de Política Social na crise do CAPD Chapela