O PP gaña coa aprobación do prego de prescricións técnicas da Limpeza de Edificios públicos.

O PP gaña coa aprobación do prego de prescricións técnicas da Limpeza de Edificios públicos.

O concelleiro do BNG, votou en contra “por tratarse dunhas bases con importantes lagoas”. Centros Escolares de Infantil e Primaria, Multiusos, Mercado, Local de Ensaio, Local Policía Municipal, Aula Cemit, Centro de Saúde Chapela, Conservatorio, Servizos Sociais de Chapela e Redondela, zoas comúns pavillóns, Meirande, Complexo Deportivo Santa Mariña, Protección Civil,... serían os principais edificios, cunha dotación orzamentaria de saída de 725.000€/ano.

Xa no Pleno de xuño, o goberno de Javier Bas, viuse forzado a deixar enriba da mesa a aprobación do prego de cláusulas. Malia evidenciar numerosas carenzas, os apoios de PSOE, AER e a concelleira non adscrita, permitiron que saíran adiante.

Xoán Carlos González, explicou durante o Pleno de xullo, as dúbidas que lle prantexaba ao BNG a proposta do equipo de goberno. Acusou aos reponsábeis municipais de presentar os pregos cuns prazos moi curtos, para forzar o apoio da oposición.

“Efectivamente trátase duns pregos de carácter técnico, o que non impide que o goberno teña moito que dicir”, afirmou o concelleiro do BNG.  Se de verdade tiveran traballado na proposta teríanse apoiado numerosas aportacións.

Dende o BNG, presentáronse as seguintes propostas:

  1. Reducir o número de anos do contrato de catro máis dous prorrogábeis, a dous máis dous prorrogábeis. A xustificación, que ante a posibilidade dun novo goberno no estado, a lexislación mudase, apostando pola “remunicipalización” dun servizo que podería perfectamente seren xestionado dende o goberno municipal.
  2. Negábase o BNG a que os Mercados, ata agora asumida a súa limpeza por persoal municipal, entraran neste lote. Igualmente aspira a organización nacionalista a que os edificios de titularidade da Xunta de Galiza, como os colexios ou o Centro de Saúde de Chapela, sexan directamente limpados polo goberno galego.
  3. Cláusula Social. Mellora nas condicións laborais das traballadoras que deben seren subrogadas. Para o BNG, o aumento no número de edificios, sen prever ningunha contraprestación nos contratos, vai repercutir directamente nas condicións laborais das traballadoras de limpeza. Novamente o Concello contrata en precario, asumindo as directrices do PP.
  4. O BNG pretendía que tamén se puntuara o paso de contratos fixos descontinuos a fixos, aumentar as xornadas na medida do posíbel a xornadas completas, puntuar a contratación de persoas con discapacidade. De xeito torticeiro, si que se recolle no caso de desempate o número de persoas con discapacidade contratadas. Ao recollerse a mellora en xardinaría, o goberno de Javier Bas premia as plantas sobre as condicións laborais das persoas, e aquelas que poidan verse afectadas por algunha discapacidade.
  5. Reducir a solvencia económica ás empresas, para que se puideran presentar algunhas máis pequenas, foi outra das cuestións prantexadas pola organización nacionalista, que se admitiu en parte.
  6. Negarse en rotundo a apoiar, que a contratación de dúas persoas para substituír ás limpadoras do Concello, recolla incluso a posibilidade de que se puntúe máis atendendo a un menor custe día destas persoas.

Ante a evidencia de que o goberno de Javier Bas, ía sacar adiante, fora como fora o prego da Limpeza de Edificios Municipais, o BNG non quixo participar dunha nova pantomima. Cada grupo político debe defender os seus proxectos, dialogar, debater e acordar si, asumir os posicionamentos do PP, non.

 

O PP gaña coa aprobación do prego de prescricións técnicas da Limpeza de Edificios públicos.