A praia de Rande, ben merecía uns arranxos “máis respectuosos”

Despois de coñecer “in situ” as obras realizadas no pequeno areal de Rande, dende o BNG non podemos máis que amosar o noso asombro polo alí realizado.

A praia de Rande, ben merecía uns arranxos “máis respectuosos”

Lonxe de aproveitar, nun entorno de marcado carácter mariñeiro, acolledor as obras para reformar respectando o entorno o resultado final, non pode ser máis desalentador.

Por unha banda refórmase unha rampla de  acceso ao areal, que no canto de empregar unha lousa tradicional, ou pedra similar ao entorno, limítase a colocar lousas grises, dando a aparencia de atoparnos na rúa Príncipe.

Esta mesma rampla, reforzouse cunha zapata, que vai sobre o propio areal. Despois dos ríos de tinta que ser verqueron para protexer os areais, deixando as algas durante días, cométese esta tropelía.

Outro dos elementos a destacar, reside no encintado de cemento das pedras do balado, algunhas de distinta orixe.

Non dubidados que tecnicamente se cumpran todos os requisitos. Cuestionamos o resultado final, dunha actuación pouco integradora en Rede Natura 2000. Recorda máis as calamitosas obras desenvolvidas nas nosas praias durante os gobernos do Partido Popular.

A praia de Rande, ben merecía uns arranxos “máis respectuosos”