A Programación Cultural de Redondela caracterízase por ser continuísta e rutineira.

A Programación Cultural de Redondela caracterízase por ser continuísta e rutineira.

A chegada do novo concelleiro de cultura, non aporta ningunha novidade ao feito nos últimos mandatos. “Definitivamente este goberno de Javier Bas, carece dun plantexamento cultural que englobe a todo o concello, orixinal e que fomente a nosa cultura local”, sinala o concelleiro do BNG.

Unha vez publicada a Programación Cultural do Outono, para a organización nacionalista confírmase que o goberno municipal carece dun “verdadeiro proxecto cultural, para un concello da riqueza de Redondela”. Pouco máis hai que engadir á Programación xa presentada en anos anteriores.

O concelleiro Xoán Carlos González maniféstase “decepcionado”, ante as expectativas creadas polo terceiro concelleiro dos equipos de Javier Bas, na área de Cultura. “Nada novo. Practicamente toda a Programación baséase en convenios realizados con entidades como o AGADIC,  e as actuacións ou iniciativas de colectivos redondelás. Por meterse nun folletiño, non quere dicir que se trata de Programación Cultural en sentido estrico”. Afirma que se tratou dun cambio de caras, mais non se cambio a dinámica cultural.

Destaca o concelleiro do BNG, que “teñen á técnica de Normalización Lingüística xestionando a Programación. Unha empresa, que lle supón 2.000€ mensuais, encárgase da loxística. Persoal do concello, desenvolve o seu traballo nesta área. Por ningunha parte queda a pegada do concelleiro”.

A xestión dunha área deste calado, cun orzamento que rolda os 400.000€/ano debería englobar actividades e iniciativas que se desenvolvesen en todo o Concello. Dende o punto de vista cultural, a riqueza do noso patrimonio, das iniciativas culturais locais ou de concellos próximos, a atracción para a veciñanza.

Estamos a falar dunha das concellarías que debería ser o referente redondelán. Un concelleiro que cobra 23.000€. Varias traballadoras ao seu servizo. Infraestruturas, aínda que limitadas, con versatilidade, e non existen grandes novidades.

“A nosa valoración da proposta cultural que este goberno de Javier Bas presenta, caracterízase polo continuísmo e por proposta rutineiras”, afirma o concelleiro do BNG, Xoán Carlos González.

 

A Programación Cultural de Redondela caracterízase por ser continuísta e rutineira.