Recollida do lixo: O goberno municipal debe facerse valer en defensa dos intereses da veciñanza

A raíz da solicitude de explicacións do grupo municipal do BNG á concellería de Medio Ambiente do concello de Redondela, sobre a deficiente recollida de lixo en determinados puntos do Concello durante a Semana Santa, despois da nota informativa publicada en resposta, cómpre algunhas aclaracións:

Recollida do lixo: O goberno municipal debe facerse valer en defensa dos intereses da veciñanza

Remitiuse escrito ao grupo municipal do BNG, sen tantas explicacións como as dadas na nota informativa. Con moi pouco espírito de diálogo, evitouse facer referencia á solicitude posterior que o Concello fixo a URBASER, para reforzar a recollida do lixo.

 

Faise referencia “erroneamente” á sinatura da Contratación do Servizo de Recollida do Lixo, polo “goberno bipartito”. Naquel momento tratábase dun tripartito conformado por PSOE-BNG-EU.

Infórmase con máis profusión de detalles a explicacións da Concellaría de Medio Ambiente, mesmo con anterioridade na páxina de AER, que na do propio Concello.  Nova evidencia de que se está a empregar de xeito partidista datos municipais.

Elúdense responsabilidades, alegando a sinatura dun mal convenio. Suponse que a contratación de empresas especificamente para elaborar os pregos de condicións dos servizos privatizados, elimine estas eivas.

Con todo, o convenio de recollida do lixo, recolle que na denominada ZONA B, tradicionalmente a máis afectada, prestarase o servizos dúas veces á semana. En caso de que coincida festivo, cambiarase o día, “sempre mantendo dous días na semana na recollida”.

Entre as melloras propostas por URBASER para gañar o concurso público comprometeuse a prestar un día máis nesta ZONA B; polo tanto, tres por semana. Na nota da concellaría recoñece que dende o mércores ata luns, non se recolleron parte destes contedores.

Arguméntase igualmente que por mor de que a planta de tratamento de O Porriño, mantívose pechada, non se recolleu. No propio texto asinado, a empresa comprométese a recoller e trasladar a este mesmo punto o lixo. Non pode ser que non se cumpra o contrato, empregando esta argumentación, sen buscar unha alternativa.

Tal como quedou patente no debate da moción hai varios meses presentada polo sindicato CUT, sobre readmisión de despedidos pola empresa, o papel do concelleiro  deixou ao Concello nunha situación de febleza, que URBASER pode aproveitar nunha posible negociación.

Que aos poucos días da demanda de explicacións polo BNG se anuncie que a Concellaría de Medio Ambiente, solicitou a URBASER o reforzo de recollida do lixo nos días festivos, recoñece “que a denuncia do BNG, tiña base”.

Seguiremos traballando polo interese de veciños e veciñas, que esixen o mesmo dereito a que se lle preste o servizo tanto no rural como nas zoas urbanas.

Animamos a toda a veciñanza afectada, que se poida sentir afectada a presentar escrito de reclamación no rexistro de entrada do Concello onde se recollan ditas incidencias. Trátase dun xeito de que o concello vexa a realidade, presionando para que defenda os intereses da veciñanza.

 

Recollida do lixo: O goberno municipal debe facerse valer en defensa dos intereses da veciñanza