Rehabilitación da antiga Escola de Cedeira. O PP, afea o papel da AA.VV.

Rehabilitación da antiga Escola de Cedeira. O PP, afea o papel da AA.VV.

Histórica demanda do colectivo veciñal, aproveitado polo goberno de Javier Bas para facer propaganda.

Se por algo se caracteriza este goberno municipal de Redondela, é por pretender saír airoso de batallas, ou iniciativas, que mesmo non comparte. O caso da rehabilitación da antiga Escola de Cedeira, é un exemplo.

A AA.VV. decidíu tomar a iniciativa elaborando un Proxecto de Rehabilitación da cuberta deste inmoble, ubicado a carón da Igrexa de Cedeira. Tratábase de recuperar para uso público, un edificio que asumíu diferentes finalidades. A máis destacada, a de escola da parroquia, décadas atrás, mesmo na época da República.

Dito Proxecto, foi presentado á Deputación de Pontevedra, para solicitar unha subvención, para iniciar a reforma pola cuberta. O presidente da AA.VV., Carlos Covelo, levou a iniciativa ante o Consello Parroquial, para socializar, e poñer aínda máis en valor os seus traballos. Mesmo se amosou disposto a que a subvención recibida, fora empregada libremente polo Concello para que iniciara os traballos. Daquela, a propia presidenta, Ana Alonso, presentou numerosos peros, a esta iniciativa veciñal, mais finalmente contou co respaldo do Consello. Foi pois, a perseveranza da Asociación a que deu os primeiros pasos ata o resultado por todos coñecidos.

O Partido Popular, aproveitou esta perseveranza da AA.VV. para solicitar un novo Obradoiro de Emprego, que finalmente púxose en marcha.

Dende o BNG, valoramos e apoiamos tanto no Consello Parroquial, como no Pleno de febreiro de 2015, a recuperación da Antiga Escola. Tamén amosamos a nosa prudencia, sobre a finalidade que lle pode dar o goberno de Javier Bas.

O que é totalmente impresentábel, é que o Partido Popular de Redondela, queira agora outorgarse todos os méritos, silenciando o imprescindíbel papel da AA.VV. Isto é así, porque este partido, amosa o seu maior desprezo polas AA.VV. A modificación dos Regulamentos dos Consellos Parroquiais vai por ese camiño.

Xa que non o fixo o Partido Popular na visita que fixo ás obras, ímolo facer dende o BNG. A AA.VV. de Cedeira foi a primeira e a principal impulsora desta obra. Todos os parabéns para unha Asociación que dignifica o papel e a función deste tipo de coleitivos nas parroquias de Redondela.