Renovación do Consello Local do BNG de Redondela.

Renovación do Consello Local do BNG de Redondela.

A organización nacionalista culmina o seu proceso asemblear.

A Asemblea  de Redondela, acometeu no pasado fin de semana a renovación do Consello Local. Péchase así un proceso asemblear iniciado no pasado febreiro, cando se iniciou o debate das teses.

Co cento por cento da asemblea a favor da candidatura presentada, renovouse a confianza no anterior responsábel local, Xavier Balsas. Membro do Consello Parroquial de Chapela. É ensinante, ademais de colaborador en diversas publicacións de carácter educativo.

Como vicerresponsábel, resultou elixida Rosa Costas. Concelleira do BNG en diversos mandatos, foi  responsábel de servizos sociais e igualdade no anterior goberno. Persoa destacada no movemento feminista, tamén participou no movemento asociativo en Redondela.

Cecilia Pérez, concelleira, e actual voceira do BNG. Formou parte da Executiva Nacional. Desenvolveu en diferentes períodos, cargos de concelleira. Ensinante. Forma parte dos Consellos Parroquiais de Cesantes e Reboreda.

Xoán Carlos González, concelleiro do BNG. Ensinante. Membro do Consello Parroquial de Cedeira e Saxamonde.

Ana Santomé. Sindicalista e membro da xunta direitiva do Centro Cultural de Trasmañó.

Xavier Costas. Enxeñeiro forestal. Participou activamente en movementos antimilitaristas.

Agustín González. Enxeñeiro Agrícola. Representante do BNG no Consello Forestal Municipal.

Anxo Lusquiños. Traballador do mar. Membro do Consello Parroquial de O Viso.

Roi Grande. Membro da organización Galiza Nova. Participa activamente en movementos sindicais e antimilitaristas. Membro da asociación Arde Rande.

Mari Ánxeles Babarro. Anterior concelleira de normalización lingüística e participación cidadá. Participou amplamente do movemento asociativo e cultural en Chapela.

Como reserva, o compañeiro Xose Luís Grande. Ensinante, ex-concelleiro. Participa no movemento asociativo en Chapela.

 

Consello Comarcal.

No Consello Comarcal constituído ao longo da semana pasada, cinco compañeiros da Asemblea Local de Redondela, resultaron elixidos. Trátase da vez, na que hai unha maior representación da nosa localidade.

Correspondendo co nivel de implicación, participación e compromiso que a militancia de Redondela ten acadado nos últimos anos, así se veu reflectido nesta ocasión na composición do Consello Comarcal.

 

Compromiso con Redondela, compromiso co País.

De entre as consignas máis repetidas durante a celebración da Asemblea, a da necesidade de manter o traballo a prol de Redondela, e da Galiza, foi das máis salientadas.

O dereito do pobo galego a decidir libremente sobre o seu futuro, nun proceso de autodeterminación, vai ser un dos piares de traballo do BNG.

Parar á dereita, á extrema dereita plasmada no Partido Popular, requirirá dun compromiso constante de toda a militancia e cidadanía galega.

Apoiar as lexítimas reivindicacións sociais, facer fronte á vaga de recortes, deter a ofensiva recentralizadora, foron igualmente algúns dos argumentos que se esgrimiron na Asemblea Local do BNG, para manter o activismo político.

Renovación do Consello Local do BNG de Redondela.