En resposta aos que din que o BNG minte

En resposta aos que din que o BNG minte

.

Non é obsesión do BNG xulgar a ningunha organización soberana que actúe en Redondela. Temos ben claro que o noso inimigo, e o do pobo de Redondela, chámase Partido Popular. Non todo o mundo pode dicir o mesmo.

Existen unha serie de cuestións que cómpre recordar:

Javier Bas afirmou na noite eleitoral das Municipais do 2015, que iba a falar con todas as forzas da oposición para que lle deran o seu apoio. Nada novidoso pois durante os catro anos anteriores, se alguén fachendeou de seren dialogante, foi el mesmo.

Nesta liña, tamén convocou ao concelleiro do BNG, para explorar as posibilidades de apoio. A todas e cada unha das propostas que fixo, a resposta de Xoán Carlos González foi “Non. O BNG nunca vai facilitar por activa ou por pasiva un goberno do PP en Redondela”.

Ninguén pode negar a estas alturas que houbo conversas entre o PP e AER que que deron como resultado unha serie de acordos. Quen o negue, minte abertamente.

Esas conversas, que se saiba, deron como resultado que os concelleir@s do goberno municipal pasaron a cobrar 18.000 e 23.000 euros/anuais; que se mantivera a figura de coordinadora de concelleir@s (secretaria do alcalde); que aparecera a figura de “responsábel de transparenza”; que se cambiara a fórmula das Comisións.

Houbo unha xuntanza na sé do PSOE, de todas as forzas da oposición. Cando únicamente se levaba debatida as remuneracións, sen chegar acordos programáticos, dende AER, díxose que se levantaba a xuntanza, que non había máis que discutir.

En ningún momento se falou, polo menos dende o BNG, de que existira un Pacto encuberto. Se cadra, é polo que moitos se sinten ofendid@s.

O BNG, realiza análises obxectivas, pon os dados enriba da mesa, valorando e actuando en función deses dados.

Afirmamos que o inimigo natural do BNG é o Partido Popular.

Existen diversas fórmulas para conformar un goberno alternativo ao de Javier Bas. Cada quen que asuma a súa responsabilidade.

Existe unha tendencia teimuda a exemplificar no BNG, o que pode ser un pacto co PSOE. Cando se afonda nesta teima, que se poñen verdadeiramente en xogo, os intereses dos cidadáns, ou os intereses particulares de cada forza política? Mentras, o PP segue consolidando o seu poder en Redondela.

Dende o BNG, sempre acreditamos en conformar unha alternativa ao PP, pois a presenza deste grupo no goberno, é nociva para os intereses de Redondela. Non lle temos medo a nada. Apelamos á necesidade dun cambio no goberno municipal, aí pódese contar coa responsabilidade do BNG.

 

En resposta aos que din que o BNG minte