X. Carlos González en Chapela: “ o Proxecto nacionalista pasa por núcleos urbáns, máis habitábeis”.

X. Carlos González en Chapela: “ o Proxecto nacionalista pasa por núcleos urbáns, máis habitábeis”.

Na súa intervención, afirmou que “a gratuidade da peaxe en Rande, debe ser un obxectivo dun alcalde do BNG”. No acto interviron a deputada, Olaia Fernández Davila, Anxo Lusquiños, candidato nº3, e Ana Santomé, candidata nº4.

Na introdución do acto, Ana Santomé, centrouse na incapacidade do goberno de Javier Bas para a construción de dúas infraestruturas de carácter social, “das que tamén se beneficiaría Chapela: o Centro de Día de Trasmañó, e a Escola Infantil en Chapela”.

Pola súa banda, o candidato nº3, Anxo Lusquiños, denunciou que o goberno de Javier Bas, xogou cos veciños dende hai catro anos. “Tiñan unha partida de 100.000€, para a construción do acceso a Cidadelle, prometérono todos os anos, e a día de hoxe non se iniciou a obra”.

A deputada do BNG, Olalla Fernández Davila, fixo un repaso ás distintas iniciativas que desenvolveu no Congreso dos Deputad@s, que teñen a ver con Chapela. “Fomos a única organización política que cuestionamos a ampliación de Rande, posto que vai defenestrar a parroquia. Ademais prantexamos diversas proposicións para a construción da estación, e poñer en marcha un verdadeiro tren de cercanías”.

Xoán Carlos González, cabeza de candidatura polo BNG-AA, iniciou a súa intervención enlazando coa deputada, afirmando que “como alcalde, eu nunca tería asistido á colocación da primeira pedra da ampliación, como fixo Javier Bas”. Continuou na liña de traballar “para que acadar a gratuidade de Rande, pero para iso necesitamos da mobilización social, e o primeiro é votar pola candidatura que encabezo”.

“Chapela, caracterízase por unha trama urbana moi complexa, mais dende o BNG-AA, imos traballar para poñer en valor os espazos urbáns, de encontro da veciñanza”. Destacou a necesidade de desafectar e recuperar a liña de costa, posto que, “para nós se atopa na Rede Natura”. Recordou que “fomos a única organización, que dende hai catro anos defendemos a recuperación da antiga vía como Senda Verde, para potenciar este verdadeiro pulmón para Chapela”.

“Unha das primeiras medidas, que tomarei como alcalde de Redondela, será a de negociar coa Consellaría de Ensino, a creación do grado superior de Integración Social no IES de Chapela para o curso 15/16, tal como demanda a comunidade educativa”, afirmou no Multiusos de Chapela.

Falou igualmente na recuperación da calidade de atención dos servizos sociais, para que se dea resposta ás demandas de moitas familias, “que están a sufrir a crise en primeira persoa. O goberno de Javier Bas, emprega esta área para facer caixa”, sentenciou.

Xoán Carlos González continuou a súa intervención apostando “por desenvolver iniciativas aproveiten a cercanía a Vigo como un potencial recurso a explotar. Comercio de proximidade, habitabilidade, gastronomía, actividade cultural,... deben ser os eixos para revitalizar Chapela, mellorando as condicións de vida da veciñanza”. Finalmente, pediu o voto para a candidatura do BNG-AA.

DSC_0182 DSC_0204

X. Carlos González en Chapela: “ o Proxecto nacionalista pasa por núcleos urbáns, máis habitábeis”.