X. Carlos González pide que se trate a problemática do transporte escolar no Consello Escolar.

X. Carlos González pide que se trate a problemática do transporte escolar no Consello Escolar.

Para o vindeiro venres 12, está convocado o Consello Escolar Municipal, no que se tratarán diversas iniciativas prantexadas polo goberno municipal. Tendo en conta a problemática xerada dende inicios de curso, agudizada nas últimas semanas, sobre o transporte escolar, o Bloque Nacionalista Galego decidiu tomar a iniciativa.

O transporte escolar do IES Mendiño, e do CEIP Quintela, está atravesando unha situación que dende o BNG consideramos “que volve a poñer o ensino público en xaque”. Arredor de trinta rapaces de secundaria, e outros tantos de primaria vénse afectados diariamente pola modificación do horario do autobús.

Dende o mes de novembro o transporte do Mendiño cóbrese con dúas quendas de viaxe pola mañá, e outras dúas a mediodía, anticipándose a entrada media hora na primeira, retrasándose outra media na saídas. Isto supón que dende as oito da mañá, xa están no centro escolar, namentres que outros saen arredor das dúas e media. A situación agrávase os luns, posto que volven a entrar pola tarde ás 16:15.

A mesma empresa realiza o servizo para o alumnado de Quintela, o que significa que se retrasa arredor dun cuarto de hora na saída. En ocasións estes nenos de menos de 12 anos, están chegando ás súas casas máis alá das tres e cuarto da tarde.

Diferentes iniciativas das direccións dos centros, de ANPAs, e do propio alumnado, desenvolveron diferentes iniciativas, para que a “delegación de ensino dea solución a este novo problema do transporte escolar en Redondela”.

Por todo isto, o concelleiro do BNG, Xoán Carlos González solicitou que na Orde do Día do Consello Escolar Municipal se debata esta situación co fin de que “o Concello tome conciencia da problemática, e tome iniciativas que afectan a varias ducias de moz@s, nen@s de Redondela, e ás súas familias”, afirma.

Para o concelleiro “demóstrase unha vez máis como a propia administración pública galega deteriora os servizos públicos, neste caso o ensino. Non imos quedarnos  de brazos cruzados dende o BNG, posto que para nós o ensino público e os servizos complementarios, deben ser unha prioridade da Xunta de Galiza. Mais os feitos demostran, que non están á altura e eluden as súas responsabilidades”.

Transporte Escolar

X. Carlos González pide que se trate a problemática do transporte escolar no Consello Escolar.