Xoán C. González, demanda a reubicación de Normalización Lingüística no Concello.

A conmemoración dos 35 anos de posta en marcha deste Departamento,  aproveitouna o voceiro do BNG para reclamar “a reinstalación na sé do Concello deste servizo tan relevante no organigrama municipal”. Prantexa as actuais oficinas do Partido Popular como o emprazamento máis axeitado, “posto que cada concelleir@ xa dispón do seu propio despacho”.

Xoán C. González, demanda a reubicación de Normalización Lingüística no Concello.

Recorda que Normalización Lingüística ocupou un lugar moi destacado na sé central do Concello, acorde coa atención que se lle prestaba á defensa do galego e “á necesidade de que toda a veciñanza o visualizara ao acceder ao edificio”. Con Javier Bas como alcalde, trasladouse inmediatamente o departamento ao Multiusos. Tras varios anos, para que a concelleira de cultura tivera o seu propio despacho, botárono para o edifico do antigo Conservatorio.

Para o edil nacionalista, esta estratexia constitúe unha metáfora do que está a facer o goberno municipal co noso idioma. “Redondela, de seren un dos concellos vangarda na normalización do galego, relegou o servizo ao ostracismo. Seguidismo evidente da acción destrutiva que co galego puxo en marcha o PP. Unicamente interésanse por actuacións mediáticas, sen creren realmente na defensa do idioma”.

Nas últimas semanas, o goberno creou unha oficina para o Grupo Municipal do PP, nas dependenzas contiguas ao Rexistro. “Unha decisión totalmente innecesaria, posto que cada un dos concelleiros e concelleiras, dispón do seu propio despacho. Unicamente crean unha oficina para desenvolver a súa política clientelar e caciquil”, valora Xoán Carlos González. Demanda que o Departamento volva ao edificio principal do Concello  estas oficinas.

Finalmente informa que namentres o servizo de cultura da Deputación financia  Normalización Lingüística en Redondela con 15.000€, a Consellaría unicamente aporta 4.357€. “Un claro exemplo de que namentres o PP vai á contra, a presenza do BNG nas institucións garante a defensa e posta en valor, do galego”.