Xoán Carlos González, afirma que o alcalde actúa a capricho na convocatoria de prazas públicas.

Xoán Carlos González, afirma que o alcalde actúa a capricho na convocatoria de prazas públicas.

“En contra do defendido e negociado coa representación sindical , Javier Bas asina unha convocatoria, na que se obvian os dereitos adquiridos durante anos”, alerta o concelleiro do BNG

O pasado venres, publicouse no Boletín Oficial da Provincia, a convocatoria pública de emprego para o concello de Redondela correspondente ao ano 2013, de diversas prazas para persoal laboral e funcionari@s do Concello de Redondela. En concreto trátase dunha praza de Oficial carpinteiro, Auxilar Administrativo, Técnic@ de Igualdade, Técnic@ de Normalización Lingüística, Oficial de Medio Ambente, Operari@ Limpeza. O alcalde de Redondela, apostou por convocar unha oposición libre, malia o criterio en contra dos sindicatos, e tamén do BNG.

Tras diversos encontros cos lexítimos representantes do traballadores, Javier Bas, decidíu unilateralmente facer unha convocatoria de oposición libre, desoíndo as demandas prantexadas polas centrais sindicais. “Coincidimos co prantexamento feito polos sindicatos”, sinala o concelleiro nacionalista. Considera que “ unha convocatoria na que non se teña en conta a experiencia acumulada por determinados traballadores e traballadoras, que teñen posto a calidade dos servizos a un nível dificilmente equiparábel, vai en contra do propio prestixio do Concello de Redondela”.

Considera Xoán Carlos González, que se actúa a capricho, nunha decisión de tal relevanza. Destaca o papel desempeñado por dúas técnicas de xeito interino nos últimos anos, nos departamentos de “ Normalización Lingüística e no de Igualdade”. “Trátase de persoal altamente cualificado, con compromiso co seu traballo, en áreas de tanta relevanza como as da de posta en valor do noso idioma e da igualdade de xénero. Salientea Xoán Carlos González o papel da “Técnica de Normalización Lingüística, quen mesmo tén asumido prácticamente a responsabilidade de elaborar a Programación Cultural, da que tanto fachendea Javier Bas”.

“Amósase unha vez máis o carácter de Javier Bas. Pretende dar unha imaxe de dialogante e de ser quen de chegar a consensos, mais cando no lle interesan toma decisións sen ter en conta o criterio dos demáis”, apunta na súa nota o concelleiro do BNG.