Xoán Carlos González, exixe o inmediato traslado de Servizos Sociais.

Baixos do concello na urbanizacion de Regojo.
Baixos do concello na urbanizacion de Regojo.

O concelleiro do BNG, denuncia que sa existe un anteproxecto valorado, “mais  o  desinterese do goberno de Javier Bas, mantén o expediente paralizado”.

Xoán Carlos González, exixe o inmediato traslado de Servizos Sociais.

No mes de decembro, o pleno da corporación apoiou a inclusión dun local de 300 metros cadrados no Inventario de Bens Municipais, para as oficinas de Servizos Sociais, como compensación á Urbanización de Regojo. Poñiase fin a un longo procedemento, iniciado na década do 2.000 cando comezaron as obras. “Daquela o grupo municipal nacionalista, presionou para que neste local se instalara este departamento”.

“Atopámonos ante unha herdanza recibida polo goberno de Javier Bas. Agora que todo o procedemento burocrático ten rematado, unicamente o desinterese deste goberno por dotar a Redondela dun local de Servizos Sociais máis que digno, está a paralizar a obra”, afirma o edil do BNG.

Desvela que existe un anteproxecto elaborado polos técnicos municipais, con aportacións das propias traballadoras, valorado nuns 200.000 mil euros, que está agochado nun caixón. Acusa a Javier Bas “de darlle prioridade a actuacións menos relevantes socialmente, máis de maior rédito electoral, facendo a súa campaña con cartos dos veciños e veciñas de Redondela”.

Recorda que hai varios anos, o goberno do Partido Popular pretendía trasladar este servizo ao Multiusos, nunhas condicións precarias e indignas para os veciños e veciñas que deben recibir unha atención “de primeira calidade”. Dende a oposición detívose esta iniciativa, posto que o BNG sempre tivo claro o obxectivo final.

Denuncia que detrás desta desidia, “agóchase a verdadeira concepción caritativa e secundaria dos Servizos Sociais para o goberno de Redondela. A parálise da obra, convértese nunha metáfora do que está a suceder no departamento, onde soamente a profesionalidade das traballadoras, está a ralentizar un deterioro lento pero continuo”.

Pola contra para o BNG, un dos eixos da actuación en política constitúeo ofertar  uns Servizos Sociais de primeira calidade. “Aumentar o persoal cualificado para prestar unha atención ao nivel das exixencias da veciñanza, dotación de novos locais, como o de Chapela, ou a xestión dunhas novas oficinas, como a que se vai adaptar na Urbanización de Regojo, constituíron liñas de traballo fundamentais na política municipal, coa presenza do BNG no goberno. Os froitos estanse a ver agora”, remata na súa nota Xoán Carlos González