Xoán Carlos González: “Non imos colaborar co goberno de Javier Bas na deturpación do Pleno”.

Xoan Carlos González abandona o Pleno. Foto Radio Redondela.
Xoan Carlos González abandona o Pleno. Foto Radio Redondela.
Xoán Carlos González: “Non imos colaborar co goberno de Javier Bas na deturpación do Pleno”.

Afirma que a pregunta presentada polo PP, ao equipo de goberno, constitúe un “exemplo de que non lle interesa para nada o sentido da sesión plenaria. Soamente pretenden darse publicidade”.

Javier Bas é consciente de que as sesións plenarias, se trata dun trámite que ten que sufrir cada mes. Teno asumido, e así actúa. Coñece o regulamento, e busca os recobecos para saír beneficiado.

A pantomima da pregunta presentada sobre o alarmismo dos grupos da oposición, por teren difundido información sobre a intervención dos servizos de urxencias, constitúe toda unha mostra do ridículo máis espantoso. “Ademais nun tema como este, no que Javier Bas dixo no seu momento, que sendo alcalde ía a solventar a situación dos grupos de emerxencia, cuestión que lle deu moitos votos”, recorda o concelleiro nacionalista.

O concelleiro do BNG, abandonou a sala do Multiusos para non darlle cobertura a esta nova estratexia do goberno municipal. “Trátase de todo un esperpento o que están a facer, escenificando unha deturpación do ROC, no que evidentemente non cren”, afirma Xoán Carlos González.

Este tipo de preguntas, permiten que os grupos da oposición, poidan interpelar ao goberno, non para que este se autopregunte. Formulan como que o PP prantexa a pregunta. Isto podería ter certa lóxica, nun hipotético caso de que non todos os concelleir@s populares formaran parte do goberno. Algo similar ao que sucede co Parlamento Galego, e o goberno da Xunta. “Trátase este goberno de Javier Bas, dun goberno peliculeiro”.

Outro dos obxectivos que pretenden con estas iniciativas, é meterlle medo aos grupos da oposición, para evitar as súas críticas sobre a acción de goberno. “Evidentemente ao BNG,  goberno de Javier Bas, nin o PP, vainos calar”, afirma o concelleiro nacionalista.

Aposta finalmente, por reconducir a “situación de deterioro constante que Javier Bas e os seus está a someter ao verdadeiro órgano de representación popular, como é o Pleno da Corporación. Somos os grupos da oposición os que debemos asumir esta responsabilidade”, remata a súa nota Xoán Carlos González.

Xoan Carlos González abandona o Pleno. Foto Radio Redondela.