Xoán Carlos González, responsabiliza ao concelleiro de Participación Cidadá “do caos dos consellos

Xoán Carlos González, responsabiliza ao concelleiro de Participación Cidadá “do caos dos consellos

“O goberno de Javier Bas, pretende poñer os consellos parroquiais ao servizo dos intereses do PP”.

Rematada unha primeira xeira de xuntanzas dos Consellos Parroquiais, dende o BNG, realizamos unha valoración moi negativa dos resultados acadados. “Evidenciouse máis que nunca a desidia e o desinterese do goberno de Javier Bas, por poñer en valor estes instrumentos de participación veciñal”, afirma o X. Carlos González. Exemplifica esa afirmación na propia Orde do Día que chegou aos colectivos , quedando en evidencia a desorganización que caracterizaron a convocatoria. “Nalgúns deles recollíase expresamente como punto, o debate de orzamentos participativos, noutros non. Nalgúns Consellos Parroquiais, anunciábase a modificación dos Regulamentos. Tampouco en todos os Consellos acordouse o nome do ou da representante parroquial nos Obradoiros do PXOM”.

Responsabiliza o concelleiro do BNG, ao concelleiro de Participación Cidadá, Miguel A. Ballesteros, desta situación de autentico caos. “Se nomean a alguén para asumir esta área, terá que exercelo con responsabilidade. A única conclusión que se extrae, é que nomearon a este concelleiro para reparto das áreas, mais que seguen a ser outros quen dirixen de verdade o goberno municipal”.

“Para o BNG dende o goberno de Javier Bas, foméntase a desidia e o desinterese dos colectivos que participan na toma de decisións importantes para as parroquias. O BNG, non se vai quedar calado ante este intento de manipulación”.

Outra das cuestións que recollemos dende a nosa organización nacionalista, refírese ao escurantismo sobre os que se pretende pasar en temas vitais para algunhas parroquias. Apunta, en concreto Xoán Carlos González, ás obras de ampliación da Autoestrada en Chapela e Trasmañó. “Hai varias semanas que solicitamos por escrito, que se incluíra como punto da orde do día, información sobre as negociacións con Fomento en temas tan importantes como a reposición de viais, e infraestruturas básicas. O goberno de Javier Bas, actuou novamente de costas aos intereses dos veciños e veciñas, ao impedir o debate destas cuestións”.

Xoán Carlos González, responsabiliza ao concelleiro de Participación Cidadá “do caos dos consellos