Xoán Carlos tilda de “oportunista” a convocatoria do Concello polos asasinatos de Orlando.

Xoán Carlos tilda de “oportunista” a convocatoria do Concello polos asasinatos de Orlando.

Tralos graves acontecementos acaecidos en Orlando, onde medio cento de persoas foron asanidas únicamente pola súa orientación sexual, o concelleiro do BNG, considera que dende o goberno municipal actuouse con claro afán propagandístico e oportunista.

O fondo da cuestión é a clara e grave discriminación que a cotío están a sufrir todas as persoas por mor da súa orientación sexual, sendo perseguidas, encarceradas, acosadas, mesmo axusticiadas, e como neste último caso, asasinadas. Aí é onde reside o problema.

“O asasinato destas persoas, únicamente por razóns da súa orientación sexual, constitúe un feito sen calificativos”, afirma o concelleiro. “Sumámonos a todas as mostras de dor, e solidariedade cos asasinados, feridos e as súas familias”, continúa na súa nota. “Mais isto non pode ser excusa para que dende o goberno de Javier Bas se aproveite a oportunidade para sacar tallada”, considera na súa nota.

“Realizouse unha convocatoria o mesmo día que se leva a cabo a concentración, sen facer ningunha chamada previa ao conxunto da cidadanía, e sen tan sequera informar aos grupos da oposición”, reclama o concelleiro do BNG.

“Unha vez máis o goberno de Javier Bas trata temas desta gravidade con banalidade, actuando oportunamente aproveitando o sufrimento dos demáis”, censura Xoán Carlos González. “Podemos afirmar isto, posto que o Partido Popular, puxo peros e non apoiou ao cen por cen algunha das mocións presentadas polo BNG, a prol dos dereitos destas persoas, e dun ensino que equipare os seus dereitos aos dos demáis”, afirma.

“En todo caso, estamos ás portas da celebración do día do Orgullo Gai, no que se reivindican os dereitos das persoas Lesbianas, Gais, Bisexuais e Transexuais. Emprazamos a que o alcalde de Redondela colla a bandeira multicolor e convoque algún tipo de iniciativa no noso concello”, remata na súa nota o concelleiro do BNG.

Xoán Carlos tilda de “oportunista” a convocatoria do Concello polos asasinatos de Orlando.