O BNG afirma que “o catastrazo xa chegou a Redondela”.

Catastrazo

O responsábel local, Anxo Lusquiños, reclama que o concello abra unha oficina informativa en Chapela.

Nos últimos días están chegando as cartas procedentes da dirección xeral do catastro coa actualización que afecta a numerosas vivendas no concello de Redondela. “Temos confirmación de O Viso, Ventosela, Chapela, Cesantes”, afirma. “Supoñemos que nas vindeiras semanas chegarán á totalidade de veciños e veciñas”.

Esta revisión catastral vai supoñer un significativo aumento da taxa anual. “Galpóns, pendellos, leñeiras, churrasqueiras, van tributar como se foran vivendas, o que consideramos un atropelo, cun único fin recadatorio”, afirma.

Sinala na súa nota, que poderán ser cargados os recibos con efectos retroactivos, e mesmo con intereses, co que a taxa final a pagar vai ser moi elevada.” Agora os veciños e veciñas teñen que pagar unha taxa de 60 euros, con unicamente quince días de reclamación”.

Apunta Anxo Lusquiños, que o aumento no valor das vivendas e propiedades, suporá un aumento no patrimonio das familias, con que moitas delas mesmo poden ter problemas á hora na concesión de becas por estudios.

O principal beneficiario do catastrazo vai ser o concello de Redondela. Van a aumentar significativamente os ingresos. Por este motivo, vía moción forzamos ao goberno de Javier Bas a abrir unha oficina informativa en Redondela”, recorda. Mais para o BNG, isto non é suficiente “exiximos que se abra outra en Chapela, que podería dar sevizo igualmente á cercana parroquia de Trasmañó. O alto número de vivendas unifamiliares obriga a ter en conta esta proposta”.

Pola banda do BNG afirma que van desenvolver unha campaña de asesoramento para presentar as alegacións. Anuncia Anxo Lusquiños que o xoves 2 e 9 de marzo a partires das 19 horas, van desenvolver actos informativos sobre o catastrazo no Multiusos de Chapela. “Tamén imos abrir o local do BNG en Redondela, todas as tardes da semana a partires das 18h., durante o tempo que sexa necesario, para que aqueles veciños e veciñas aos que lles queira cobrar inxustamente, poidan presentar alegacións”

O BNG afirma que “o catastrazo xa chegou a Redondela”.
O BNG afirma que “o catastrazo xa chegou a Redondela”.