O BNG, apoia ás mobilizacións veciñais para eliminar “o imposto” da Peaxe.

Peaxes NON
Peaxes NON

A organización nacionalista apoia a convocatoria das AA.VV. de Chapela e Teis, o venres 17, nas Torres de Padín. “Apoiamos as mobilizacións dos colectivos, porque trátase de reivindicacións xustas, que priorizan o interese colectivo”, afirman.

O BNG, apoia ás mobilizacións veciñais para eliminar “o imposto” da Peaxe.

“Supresión da Peaxe en Rande, conversión do treito Chapela-Buenos Aires en vía urbana, saída en Torres de Padín” recollen iniciativas presentadas polo BNG tanto a nivel local, do Parlamento Galego e mesmo no Congreso dos Deputados. Os distintos gobernos estatais negaron a posibilidade á veciñanza de Chapela e Teis, de compensacións, e a mellora da calidade de vida con estas demandas que se plantexan”. Consideran que a ausencia da súa organización no Congreso, levou estas demandas ao baúl do esquecemento, posto que nin as forzas tradicionais, nin as denominadas “emerxentes”, priorizaron estas xustas reivindicacións.

Rexeitan dende a forza nacionalista, o que consideran “un imposto máis da Peaxe”, posto que xunto a sufrir a ampliación, a contaminación acústica, “temos que pagar a peaxe máis cara de Galiza”. Consideran prioritario liberalizar a Autoestrada, para desconxestionar tanto a avenida de de Vigo como a avenida de Redondela, en Chapela, e que os e as principais afectados polas obras, “vexan mitigado o movemento diario de miles vehículos”, gañando en calidade de vida.

Consideran dende o BNG que a confluenza das iniciativas ante as diferentes administracións, xunto á presións veciñal e a mobilización cidadá, “constitúen o único medio para acadar un obxectivo xusto e lóxico”, rematan na súa nota.