Comunicado do BNG, en apoio ao Coleitivo Republicano.

Comunicado do BNG, en apoio ao Coleitivo Republicano.

En relación á retirada de material por parte do goberno de Javier Bas que formaba parte da exposición “Criminalización do pensamento”, dende o Bloque Nacionalista Galego, queremos:

  1. Expresar o noso apoio ao Coleitivo Republicano, ante as actuacións inxustificadas promovidas polo goberno municipal de Redondela, vía denuncia da Policía Nacional, que levou á retirada de parte do material de dita exposición.
  2. Considerar que se trata dun acto de Censura Política e Informativa. Por vez primeira na historia democrática de Redondela, retírase parte dunha exposición dirixida ao conxunto da cidadanía.
  3. Os feitos acaecidos, teñen maior gravidade tanto en canto se producen nun edificio de carácter público, a iniciativa do goberno municipal, que representa a todos os veciños e veciñas de Redondela, e polo tanto a todas as crenzas e pensamentos democráticos.
  4. A información que se difundía en dita exposición unicamente pretendía apoiar graficamente o relato dos acontecementos que sucederon no noso pasado máis recente. Non se prantexaba ningún tipo de insulto, menosprezo ou calquera declaración que atentara contra ningún particular.
  5. Considerar que as accións iniciadas dende o goberno municipal, son reflexo do pensamento único e autoritario que o goberno de Javier Bas, quere implantar en Redondela.
  6. Rexeitar, calquera actuación do goberno municipal, que coarten, ou priven total ou parcialmente calquera iniciativa de expresión libre e democrática.
  7. Solicitaremos as explicacións pertinentes naqueles ámbitos que consideremos axeitados.
  8. Apoiar abertamente calquera iniciativa similar que se prantexe en Redondela, que busquen informar ou formar ao conxunto da poboación, baseándose nos principios da ética, da verdade e da democracia.
  9. Rexeitar a negativa imaxe que de Redondela, se están dando dende o goberno de Javier Bas.
  10. Expresar o noso apoio ao Coleitivo Republicano, poñéndonos á súa disposición en calquera iniciativa que prantexen.