O goberno de Javier Bas, teima na adquisición do edificio ilegal en Chapela.

Malia que o Pleno xa rexeitou calquera adquisión irregular, e que se leven a cabo as sancións urbanísticas, téimase en utilizar o Consello Parroquial para xustificar o inxustificabel.

O goberno de Javier Bas, teima na adquisición do edificio ilegal en Chapela.

Para o BNG, a convocatoria extraordinaria do Consello Parroquial de Chapela, que unicamente recollía a presentación dunha moción para levar ao Pleno, co fin de que “se estudiara a viabilidade para a adquisición do famoso edificio ilegal”, obedece unicamente a intereses políticos. O compromiso do goberno de Javier Bas, de buscarlle unha solución a unha grave infracción urbanística, non ten ningún tipo de cabida. O BNG, non vai apoiar estas “triquiñuelas”.

Tal como dixo o concelleiro, Xoán Carlos González, na sesión plenaria de agosto, “ o alcalde de Redondela fomenta o enfrontamento e división na parroquia”. Utilizar o Consello Parroquial, ou ben o Pleno para uns prantexamentos que unicamente son competenza da alcaldía. A lei prevé que sexa o alcalde quen adquira bens municipais, ata un importe similar ao dez por cen do orzamento. Eís o xeito de actuar de Javier Bas.

A necesidade de dotar a Chapela de espazos para colectivos e asociacións, debe partir dun estudio pormenorizado dos locais públicos, dunha organización racional. Ademais o Bloque Nacionalista Galego, propuxo a cesión do Colexio Igrexa, para o Concello. Mantémonos nesa opción, como a máis económica e racional, que neste momento se prantexa.

O goberno de Javier Bas, teima na adquisición do edificio ilegal en Chapela.