Moción de BNG sobre a rehabilitación do viaducto a Pontevedra

avatar_rrss2
avatar_rrss2

Nas últimas semanas o Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF), acometeu o inicio do Proxecto de Rehabilitación do Viaducto a Pontevedra ou “Viaducto dos Carballos”. Dito Proxecto vai supor o reforzamento da estructura nos arros de aproximación, estribos e pilas; actuacións relacionadas cos aparatos de apoio; actuacións na estructura metálica, e obras relativas á vía. O orzamento total ascende a dous millóns, cincocentos mil euros. 

Moción de BNG sobre a rehabilitación do viaducto a Pontevedra

O Proxecto prantexa unha actuación que afecta a todos os elementos estructurais, do viaducto, tanto cambio de pezas deterioradas, mellora na sillería, repintado, eliminación de maleza. Mesmo se recolle a construcción dunha viga de formigón armado, no estribo de Redondela na coroación dos apoios, onde se van anclar ata 10 cables.

            Lonxe de converterse nunha intervención, que para o BNG debería supoñer a posta en valor deste viaducto, de máis de 130 anos de antigüedade, o que se vislumbra, é o interese de ADIF, para consolidar a estructura, coa finalidade de que o tráfico de mercadorías se convirta no seu uso principal.

            O Viaducto a Pontevedra, forma xa parte dunha das estampas máis características da Vila. Inaugurado en 1884, complementouse co Viaducto a Madrid, convertendo a Redondela, nun dos nós ferroviarios máis importantes de Galiza. Hoxendía segue en funcionamento permitindo o tráfico de trens de mercadorías, ademáis de pasaxeir@s. Para o BNG, constitúe un  elemento chave na futura constitución do Tren de Cercanías. Mais o sentido das obras, van máis por un reforzo da estructura para permitir  que o paso de mercadorías se convirta na única finalidade deste Viaducto.

            Esta posibilidade, xunto a que a estación de Redondela vai quedar prácticamente como estación de reparación de Trens do Eixo Atlántico, fan perder a Redondela peso específico, nunha hipotética futura rede do tren de cercanías. Se lle sumamos que a  estación de Eidos atópase infrautilizada, gaña peso esta a teoría do BNG.

            Cabe salientar que o material principal co que foi construído o Viaducto, o ferro, os preto de 130 anos dende a súa construcción, xunto a importante número de trens que o cruzan a diario, supoñen un considerabel impacto nas vidas de moitas familias, desta parte da Vila. A contaminación acústica que a diario padecen, os ruídos e vibracións, deteriorando a súa calidade de vida, obrigan a aproveitar esta obra de ADIF,  para a redución do impacto acústico que supón para estas vivendas.

            No estado español, regulan o control dos ruídos o R.D. 1367/2007, a Lei 37/2003, e a Directiva Europea 2002/49, que define o ruído ambiental como “o son exterior non desexado ou nocivo xerado polas actividades humanas, incluído o ruido emitido polos medios de transporte, polo tráfico rodado, ferroviairo e aéreo e por emprazamentos de actividades industriais”... Os veciños e veciñas de vivendas próximas ao Viaducto, xa pagaron abondo a peaxe para que un transporte eficiente como o tren, siga existindo en Redondela. A actual intervención debería afrontar a instalación de elementos reductores dos ruídos emitidos polos convois, e a estructura do Viaducto; intervencións na insonorización das vivendas; limitacións de velocidade segundo horarios, diurnos ou nocturno,...

          Tal como se recolleu, os Viaductos de Redondela, constitúen unha singular estampa, como testemuñas da vida da Vila. Durante décadas prestaron, e prestan, un insubstituíbel servizo, como partes dunha vía de ferro, que xogou un papel fundamental na industrialización do sur da provincia de Pontevedra. Gozan dunha singularidade que os fai merecedores da consideración por parte da Xunta de Galiza, como Ben de Interese Cultural (BIC). Revisado o Catálogo de Ben de Interese Cultura da Consellaría de Cultura, observamos como estas infraestructuras non aparecen catalogadas como tal.

                       Por todo o exposto, o Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego solicita por parte do Pleno da Corporación Municipal do Concello de Redondela, a adopción dos seguintes ACORDOS.

            1. Instar ao alcalde-presidente do concello de Redondela, para que se dirixa ao ADIF, coa finalidade de que se realice un Estudio sobre as condicións acústicas do Viaducto a Pontevedra e o seu impacto no entorno.

            2. Instar ao alcalde-presidente do Concello de Redondela para que se dirixa ao ADIF, para levar a cabo un Proxecto de Reducción da Contaminación Acústica no Viaducto de Pontevedra.

            3. Instar a que o alcalde-presidende do Concello de Redondela, realice as xestións oportunas ante a Consellaría de Cultura, para a declaración dos Viaductos de Redondela, como Ben de Interese Cultural.

Redondela, 22 de xuño  de 2017