Moción do BNG para a creación dun "Obradoiro do Títere (Instituto Municipal do Títere) en Redondela.

Moción do BNG para a creación dun "Obradoiro do Títere (Instituto Municipal do Títere) en Redondela.

 Entre o 16 e o 22 de maio vaise celebrar o XVII Festival Internacional de Títeres de Redondela, Memorial Juanjo Amoedo. Un ano máis o noso concello, vaise converter en epicentro cultural do País, arredor dunha figura como a dos títeres, os monicreques, as compañías e un amplo espectro de membros da organización.

Dende o seu nacemento, o Festival, converteu a Redondela, nun dos referentes nacionais e estatais, ao longo de toda unha semana. A traveso da Asociación Xente Titiriteira, canalizouse o traballo e o esforzo de voluntarios e voluntarias, que permitiron que o Festival medrara e se mantivera ata a actualidade.

Ao longo dos anos ducias de compañías, centos de alumnos e alumnas, milleiros de persoas, pasaron polas rúas de Redondela. O Festival, converteuse nun “selo de identidade” do noso concello. Espérase que ata 35.000 espectadores e espectadoras participen desta expresión da cultura popular, aglutinada arredor do mundo dos monicreques.

O prantexamento dos organizadores e organizadoras, pretende difundir unha cultura para todos e todas; unha cultura alternativa, que tendo aos cativ@s como principais obxectivos de formación, divúlgase para o conxunto da sociedade. Preséntanse actuacións novidosas, adaptacións, ...

Paseniñamente o Festival Internacional de Títeres de Redondela, foise afianzando como unha data ineludíbel no calendario cultural do noso concello. O paso de distintos gobernos municipais, non foi obstáculo para que se mantivera dita cita. Na presente edición, a aportación do Concello de Redondela, ronda os 45.000€, unha cantidade que se mantén conxelada nos últimos anos. Outras administracións, colaboran

Chegados a este XVII Festival, dende o Bloque Nacionalista Galego, consideramos que se debe subir un novo chanzo no que esta cita cultural pretende, co fin de que, non só durante unha semana, senón o resto do ano, se manteña a presenza destes monecos, como selo de identidade de Redondela.

O mundo dos titiriteiros, pode dar lugar á creación de novas compañías, e maior actividade presencial en Redondela. Cómpre, que dende a institución máis beneficiada, na consolidación desta nova cultural, o Concello, se respalde con novas iniciativas o mundo do Títere.

Dende o BNG, consideramos que se debe crear o denominado Obradoiro do Títere, que ademais de manter unha exposición permanente do mundo do títere, da historia do Festival, serviría como banco de formación para novos valores, ademais de plataforma para apoiar a posíbeis novas compañías.

Por todo o exposto, o Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego solicita por parte do Pleno da Corporación Municipal do Concello de Redondela, a adopción dos seguintes ACORDOS.

1. Instar ao Concello de Redondela, á creación do Obradoiro do Títere (Instituto Municipal do Títere), que cumpriría as seguintes funcións:

a) Sede permanente da exposición da Historia do Títere.

b) Sede permanente da exposición da Historia do Festival de Títeres de Redondela.

c) Recurso para a formación de novos valores.

d) Sede para a difusión de obras de títeres e titiriteiros.

e) Instrumento para a promoción e apoio de novas compañías de titiriteir@s.

 

Redondela, de de 2017

Asdo. Xoán Carlos González