O BNG SOLICITA MEDIANTE MOCIÓN O TRASPASO DO COLEXIO IGREXA, AO CONCELLO DE REDONDELA.

Moción do BNG para o traspaso do CEIP Igrexa.

CEIP IGREXA
CEIP IGREXA

"O Bloque Nacionalista Galego, recolle a demanda de numerosos coleitivos da parroquia de Chapela, de espazos para realización das súas actividades. Ante esta necesidade, a organización nacionalista aposta polo traspaso do Colexio Igrexa, unha vez que a actividade docente se realice íntegramente no novo colexio que se vai construír na finca de Ginaria.

Con esta finalidade propoñemos, mediante moción, que o alcalde de Redondela, leve a cabo as xestións pertinentes, ante AUDASA, e o Ministerio de Fomento, para que os edificios educativos, vivendas escolares, pasen a mans do Concello".

Moción do BNG para o traspaso do CEIP Igrexa.

A parroquia de Chapela, a de maior número de poboación do Concello de Redondela polas súas especiais particularidades tanto habitacionais, orográficas, das propias dinámicas internas, de afeccións de distintas infraestructuras,... demanda continuamente novos equipamentos, co fin de dar reposta ás diversas dinámicas e iniciativas dos diferentes coleitivos.

          Desenvolvendo o seu labor nesta parroquia constituíronse ao longo dos anos,  asociacións e agrupacións culturais, de carácter social, A.VV., Comunidade de Montes, entidades deportivas de distinto tipo. En Chapela, tamén se sitúan diversas infraestructuras de carácter deportivo, un pavillón e un centro acúatico; educativo, tres colexios de infantil e primaira e un instituto de secundaria. Dende hai uns anos, desenvolve o seu labor unha unidade de servizos sociais. O Multiusos, oferta diversas actividades ademáis de acoller outras moitas de todo tipo:  dende biblioteca, ata auditorio, sá de exposicións, aulas para diferentes actividades.

          Enfróntase así o Concello á responsabilidade de prestar servizo a uns 8.000 habitantes, que viven nesta parroquia. Unha das maiores demandas, que no presente estanse a prantexar, consiste na dotación e cesión de locais de calidade para diversas entidades culturais e sociais que desenvolven a súa actividade principalmente na parroquia.

          Por outra banda o CEIP Igrexa, con 50 anos dende que empezou a prestar servizo educativo en Chapela, vai quedar desafectado da activiade docento, en pouco menos de dous anos. Cómpre recordar que o colexio xa sufríu parte da expropiación da autoestrada no ano 1975. Na actualidade ocupa unha superficie duns 1.800 metros cadrados, con arredor de 1.900 construídos. No edificio educativo, ubícanse 9 aulas, ximnasio, sala de mestres e edificio administrativo.  Antigas vivendas dos mestres e mestras, ubícanse igualmente nesta parcela. Na actualidade escolaríazase a 85 alumnos e alumnas de Educación Infantil e Educación Primaria.

          A construcción do novo colexio Igrexa, vai supoñer, que o actual edificio, e os terreos nos que se atopa ubicado, pasen a mans da concesionaria da explotación da autoestrada AUDASA, para seren transmitidos ao Ministerio de Fomento. No acordo de marzo de 2015, recolle igualmente a demolición dos edificios.   

 
   

     A demanda de distintas asociacións e coleitivos que desenvolven a súa actividade en Chapela, implica a adopción de novos acordos por parte da corporación municipal. As   entidades e o propio Concello de Redondela, poderían verse beneficiadas “rendabilizando” estes edificios.

          Dende o Bloque Nacionalista Galego, consideramos que non se pode desaproveitar a ocasión para que esta infraestructura supla en parte as carencias para locais municipais. Cómpre pois, poñerse a traballar para que o CEIP Igrexa pase ao mans do Concello de Redondela.

          Por todo o exposto, o Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego solicita por parte do Pleno da Corporación Municipal do Concello de Redondela, a adopción dos seguintes ACORDOS.

          1. Instar ao alcalde-presidente do Concello de Redondela, para que negocie cos responsábeis de AUDASA, e o Ministerio de Fomento, a cesión ao Concello de Redondela, dos terreos e edificios do CEIP Igrexa, dende o momento no que a actividade docente se estea a realizar no novo colexio Igrexa.

 

Redondela,  19 de xullo  de 2017

Asdo. Xoán Carlos González