O PP vota en contra da mellora da seguridade viaria en Cesantes.

Luís Bará e X. Carlos González con colectivos en Cesantes
Luís Bará e X. Carlos González con colectivos en Cesantes

No día de hoxe rexeitou unha iniciativa parlamentaria do BNG, para demandar a Fomento beirarrúas, reductores de velocidade, pasos de peóns e regulación mediante semáforos.

O PP vota en contra da mellora da seguridade viaria en Cesantes.

 

A primeiros do mes de maio nun encontro do deputado nacionalista, Luís Bará, con  membros da ANPA, AA.VV., e Obradoiro de Estudios Locais, prantexouse a prioridade de mellorar a seguridade viaria nunha estrada cunha intensidade dusn 20.000 vehículos día. A maior preocupación, reside no movemento do alumnado e familias nas entradas e saídas do Colexio Outeiro das Penas.

No Parlamento Galego o propio Bará prantexou que a Xunta de Galiza, se dirixira ao Ministerio de Fomento, demandando a construcción de beirarrúas, a colocación de reductores de velocidade,  a instalación de semáforos e pasos de peóns. Deste xeito permitiríase unha movilidade máis segura neste entorno onde se ubica o Centro Cultural, o Colexio Público, e polo que cruza o Camiño Portugués.

Lonxe da apoiar estas xustas reivindicacións veciñais o PP situouse do lado do goberno estatal, evitando exixirlles nada. Ningún dos razoamentos de Luís Bará, servíu para convencelos, e que apoiran ao BNG para que Fomento invirta no Alto de Cesantes.

Trátase dun ofensa, que o PP antepoña os seus intereses partidistas, ás demandas cidadás, e á mellora da seguridade viaria no Alto de Cesantes. Os populares votaron en contra de construír beirarrúas, en contra de instalar semáforos e pasos de peóns, en contra de mellorar a seguridade viaria por medio de reductores de velocidade.  Amosaron  unha falla total de compromiso coa veciñanza de quen únicamente se acorda nas eleccións.

O BNG, vai seguir traballando co movemento social e asociativo para acadar que no Alto de Cesantes, a veciñanza poida desprazarse con seguridade. Continuaremos apoiando