Imprimir

Tras tres anos de xestións, o saneamento chega á Rabadeira

Editorial | 20 de marzo de 2018

O inminente remate das obras dos colectores do saneamento, nesta parte de Cedeira, nas inmediacións da estrada Redondela-Peinador, son valoradas positivamente dende o BNG.

Unhas trinta vivendas, ademáis de varias industrias da zoa, van poder verquer aos colectores do alcantarillado xeral do río Maceiras, unha obra xa realizada cando a organización nacionalista asumíu a concellería de medio ambente, hai máis de oito anos.

Malia os constantes retrasos que tivo que afrontar o goberno municipal ao atoparse en varios treitos con Fomento, e Augas de Galiza, neste aspecto non hai grandes avances con que gobernen os amigos, a obra permitirá a todas estas vivendas regularizar a súa situación.

O financiamento desta obra, deriva do Plan Concellos da Deputación do ano 2017. O Concello de Redondela, sufraga as inversións en saneamento case en exclusiva, con cargo a estas subvencións. Reducíuse dende que Javier Bas accedeu á alcaldía notablemente a inversión neste eido.

Uns criterios obxectivos, coñecidos dende inicios de ano, permiten que Redondela dispuxera de 1.100.000, nese exercicio para poder afrontar diversas liñas de actuación. En contra do criterio do goberno de Javier Bas, que vincula o financiamento ás “boas relacións co partido que goberne, ou aos personalismos, esencia do caciquismo”, as cousas van por outra vía. Dende o BNG, impulsouse no goberno da Deputación, que o apoio económico aos concellos da provincia, seguira criterios obxectivos, transparentes, o que indica o carácter democrático da nosa organización.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/anos-xestions-saneamento-chega-rabadeira/20180320192610002433.html


© 2020 Bloque Nacionalista Galego de Redondela

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal