A apertura do local para Servizos Sociais e o CIM, “prioridade” para o BNG.

Concentracion do BNG de Redondela.
Concentracion do BNG de Redondela.

Un dos puntos do apoio do Bloque Nacionalista Galego á investidura de Digna Rivas como alcaldesa de Redondela, recollía especificamente que nun prazo de seis meses este local debería desenvolver a súa actividade.

A apertura do local para Servizos Sociais e o CIM, “prioridade” para o BNG.

Froito dun convenio urbanístico impulsado polo BNG, no goberno bipartito o concello de Redondela adquiría un local para as oficinas de Servizos Sociais. Os problemas das construtoras, levaron a que non se materializara a totalidade da urbanización, mais si o convenio. Mudouse o local inicial para un dos baixos dos edificios construídos.

Nalgún momento, o goberno de Javier Bas, prantexou trasladar as actuais oficinas de Servizos Sociais, ao Multiusos de Redondela. Demostraba o pouco interese por un departamento que deben ser bandeira de calquera goberno municipal. Malia os bandazos do PSOE, que chegou a prantexar que se trasladaran á Casa do Mar, dende o BNG mantivémonos firmes en que os locais da rúa 8 de Marzo, eran os máis axeitados.

Xa dende o verán do 2018 o local de 300 metros cadrados, pertencía ao Concello. O goberno do PP, manexaba un orzamento de 200.000 euros. Tiveron que agardar á negociación dos Fondos FEDER, para aprobar o traslado de Servizos Sociais e o CIM, o que deixa ben ás claras “que non se trataba dunha prioridade”.

Dende o BNG, comprometémonos a que o novo local, como un instrumento para recibir unha atención digna para usuari@s, seria unha prioridade nun novo goberno en Redondela.

Demostrou o BNG, capacidade de xestión para a sinatura do Convenio; manterse firme ante as ameazas do goberno de Javier Bas; prioridade para apoiar a investidura de Digna Rivas. O resultado, un éxito para a veciñanza.

A apertura do local para Servizos Sociais e o CIM, “prioridade” para o BNG.