O BNG amosa a súa preocupación pola perda de area no entorno da Duna.

O BNG amosa a súa preocupación pola perda de area no entorno da Duna.

Consideran que o goberno de Javier Bas, exerce de “espada de Damocles” da Praia de Cesantes. A fenda aberta hai varios anos estase convertendo nun problema de primeira magnitude, para o futuro deste espazo.

O goberno de Javier Bas, se por algo se tén caracterizado, é por desenvolver actuacións de grande repercusión mediática, mais de escaso ou nulo impacto social, económico ou medioambiental. Clara mostra desta afirmación, constitúeno as diversas actuacións ás que somente á Praia de Cesantes. Dende a construcción de balados no propio areal, que están a acelerar a perda de area, ata a instalación dun contedor que pretendían fora permañente, pasando por permitir que se ocupe parte da Praia en determinadas festas, ou o abandono do entorno da Duna da Punta.

Toda esta política agresiva con este espazo do noso concello, compleméntase coa concesión a bombo e pratillo da bandeira azul. Unha concesión de maior repercusión mediática que de verdadeira protección da Praia.

Para o BNG, a renuncia do goberno de Javier Bas, a converter a Praia nun entorno onde conviva o disfrute da veciñanza, e visitantes, xunto á mellora do equilibrio natural, exemplifícase no estado actual do entorno da Duna.

Coa vaga de temporais de hai dous anos, abríuse unha fenda que paulatinamente foi oradando este punto da praia. Malia que houbo tempo abondo para desenvolver actuacións concretas para recuperar a Praia, o goberno de Javier Bas, preferíu mirar para outro lado.

Outro dos exemplos da súa política “cínica” e de propaganda do Concello de Redondela, foi a inversión de 8.000€ o pasado verán. A traverso dunha subvención recibida, o Concello de Redondela, únicamente desenvolveu obradoiros, e panfletos, mais ningún tipo de actuación concreta que mitigaran a acción das mareas.

Hoxendía, a situación deste punto a carón da Duna da Punta da Praia, atópase nunha situación moi perigosa. Malia que estamos a desfrutar dun outono benigno, a chegada do inverno, pode agravar aínda máis a situación da praia. Para o BNG, o goberno de Javier Bas renunciou a converter este espazo nun exemplo de recuperación ambiental. Consideran dende a forza nacionalista, que o PP exerce de auténtica “espada de Damocles” sobre a Praia de Cesantes, posto que calquera actuación desenvolvida dende o goberno municipal, únicamente deteriora aínda máis o entorno da Enseada, tal como teñen feito nas últimas actuacións promocionadas.

IMG-20151129-WA0002

O BNG amosa a súa preocupación pola perda de area no entorno da Duna.