Para o BNG, o novo orzamento confirma a suba en perto de 50.000€, de asignación ao grupo de goberno.

Foto RedondelaTV
Para o BNG, o novo orzamento confirma a suba en perto de 50.000€, de asignación ao grupo de goberno.

Lonxe de consideralo unha necesidade para Redondela, Xoán Carlos González afirma que se trata do único instrumento para subir o soldo aos concelleiros e concelleiras do equipo de Javier Bas.

“Malia que formalmente, Javier Bas cubríu o trámite de presentar os orzamentos á oposición, como cabe esperar dun grupo en minoría, aprobou a súa proposta, como actúa un alcalde con maoría”. Deste xeito tan gráfico, resume o concelleiro do BNG, o sucedido no Pleno do 30 de decembro. “E isto é así por que a lei permítelle aprobar en Comisión de Goberno uns novos orzamentos, fixo pasar aos grupos da oposición polo espectáculo de teren que debatilos, sabendo que os iban a aprobar”, afirma.

Na súa valoración global dos orzamentos, considera que existen varias características que os definirían. Por unha banda, a pretensión de aumentar considerabelmente os ingresos vía recadación de taxas e impostos. Considera que se trata duns obxectivos pretenciosos, que nos últimos anos non se teñen cumprido. “Pola contra, non se reflexa que Redondela, vai dispoñer de algo máis dun millón de euros para fomento do emprego, inversións, fomento da cultura, protección de servizos sociais, investimentos, e pago a proveedores, procedentes da Deputación, en función duns novos criterios de reparto”.

Noutra parte da súa intervención, o concelleiro do BNG, referíuse a que os orzamentos non iban a supoñer unha atención preferente para as parroquias. Adicar 180.000€ para orzamentos participativos, cando non son máis que actuacións obrigadas do concello, ou 110.000€ para a limpeza de cunetas, co fin de que diversas empresas opten a este concurso, cuns resultados moi deficientes, constatan o desinterese do goberno Bas polos entornos onde vive o 60% da poboación redondelá. Salientou a conxelación dos Convenios Interparroquiais, “instrumento que fomenta a actividade cultural de numerosas agrupacións parroquiais”, como moi clarificadores.

Destaca Xoán Carlos González, como unha das partidas que sufren unha maior suba nestes orzamentos do 2016, refírese ao equipo de goberno e ao persoal de libre designación. “Malia que ao alcalde rebaixóuselle de 55.000 a 45.000€ o seu soldo, e contan cun concelleiro menos, suben en máis de 50.000€ as asignacións para os oito concelleir@s e dúas persoas de libre designación”, afirma. Daquela contara co apoio de AER, para concretar o que hoxe se recolle nos orzamentos.

Dende o BNG consideran que cos orzamentos de 2016, non se vai priorizar as demandas da veciñanza redondela: resposta á crise económica, atención ás parroquias, inversións de calado social.

Para o BNG, o novo orzamento confirma a suba en perto de 50.000€, de asignación ao grupo de goberno.