O BNG de Redondela en contra de converter Rande nun cemiterio de barcos.

O BNG de Redondela en contra de converter Rande nun cemiterio de barcos.

Tralas informacións verquidas no Faro de Vigo, onde se recolle a intención da Autoridade Portuaria de Vigo, de converter zoa do cargadoiro de Rande, nun peirao para barcos en estado ruinoso, “constitúen toda unha agresión a un espazo tan sensíbel como a da zoa do Estreito de Rande, e a Enseada de San Simón, catalogadas como LIC Rede Natura 2000.

Dende a organización nacionalista, consideramos que a proposta pode converterse nunha nova agresión ao noso medio natural, “xa de por si moi danado, poñendo en perigo o futuro da Enseada”. Segundo o BNG “non imos parar ata que se arquive esta proposta, ou calquera outra similar”.

“Responsabilizamos directamente ao presidente da Autoridade Portuaria, Emilio López Veiga, quen xa tivera un papel destacado a favor da instalación da Cementeira neste mesmo enclave”.

“A Ría o primeiro. Non nos imos quedar de brazos cruzados. Estamos radical e totalmente en contra desta nova agresión que deteremos entre tod@s”. Lembramos que o BNG “xa presentou varias alegacións ao Plan de Usos do Porto, para que desafectaran esta zoa tan sensíbel da Ría”.familia Agus 160

O BNG de Redondela en contra de converter Rande nun cemiterio de barcos.