O BNG responsabiliza a Javier Bas da situación dos semáforos en Cesantes.

O BNG responsabiliza a Javier Bas da situación dos semáforos en Cesantes.

Consideran de moi grave a problemática de seguridade viaria, na que os semáforos levan dúas semanas sen funcionar. Falan de “falla de previsión”, por parte do goberno municipal.

Os temporais de hai dúas semanas afectaron a parte da rede semafórica do concello de Redondela. En concreto os semáforos da zoa de Cabanas, e na zoa de Os Tras, en Cesantes. “Pasado este tempo aínda seguen sen arranxarse os existentes nesta parroquia”, apuntan. Para o BNG, esta situación está supoñendo unha problemática engadida para peóns e conductores, por tratarse dunha zoa urbana atravesada pola N-550, cunha alta densidade de tráfico rodado.

Segundo o concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González, existe un contrato de mantemento asinado coa empresa ESYCSA, dende xullo do 2013. O contrato recolle unha duración de dous anos, prorrogábeis por outros dous preto de 12.000€ anuais. “Consideramos que se trata dun contrato perxudicial para os intereses do Concello de Redondela”, afirma, “posto que claramente se recolle que as avarías froito de temporais non serán arranxadas pola empresa, segundo o contrato. En todo caso, a empresa cargaralla ao Concello, segundo os prezos do momento”.

“Agora atopámonos ante esta situación, na que os semáforos levan quince días sen amañarse, o que pón en solfa seguridade viaria en Os Tras”, segundo o concelleiro do BNG. Para os nacionalistas a alta densidade de tráfico, tanto de coches particulares, como de grande tonelaxe, exixen de importantes medidas de seguridade viaria, como o caso dos semáforos.

Finalmente “responsabilizan ao alcalde Javier Bas, como representante do Concello que asinou coa empresa este convenio, claramente deficitario para os intereses do Concello de Redondela. Demandamos que se solucione a avaría, e que non se renove a prórroga do segundo ano, convocando un novo concurso que ofreza maiores garant

O BNG responsabiliza a Javier Bas da situación dos semáforos en Cesantes.