O BNG solicita a convocatoria urxente da xunta de portavoces polo conflicto de Urbaser.

O BNG solicita a convocatoria urxente da xunta de portavoces polo conflicto de Urbaser.

Os traballadores da empresa Urbaser teñen anunciado unha convocatoria de folga a partir do 18 de maio. Esta decisión tomada polos traballadores vén dada pola negativa da empresa a continuar coas negociacións do convenio. Para facer pública esta demanda, os propios traballadores tiveron presenza no pleno celebrado a pasada semana.

A corporación municipal, e sobre todo o goberno local non deben permanecer alleos a esta problemática e ten a obriga moral de esgotar todas as posibilidades para evitar que esta convocatoria de folga se materialice.

Por estes motivos, Cecilia Pérez Orge, concelleira do Grupo Municipal do BNG,

SOLICITA:

A convocatoria urxente da Xunta de Portavoces para que, por parte do Alcalde, se dea información sobre as xestións feitas ou que pensa facer para solucionar este conflito.

Asdo. Cecilia Pérez Orge

O BNG solicita a convocatoria urxente da xunta de portavoces polo conflicto de Urbaser.