Cecilia Pérez: “A proposta de rebaixa do IBI, constitúe unha medida claramente electoralista”.

Cecilia Pérez: “A proposta de rebaixa do IBI, constitúe unha medida claramente electoralista”.

A proposta de rebaixa do 0,44 ao 0,40% do tipo impositivo do IBI, demostra, unha vez máis, que o goberno de Javier Bas actúa sen criterio, nin planificación. A medida obedece unicamente á presión por unha rebaixa significativa por este imposto municipal.

A voceira do BNG, rexeitou a precipitación coa que foi convocado un Pleno Extraordinario a mediados do mes de novembro. “Cítasenos un venres ás dúas da tarde para informar da convocatoria urxente da sesión plenaria para o luns ás dúas da tarde, sen tempo material para estudar a proposta”. Fixo referencia na súa intervención Cecilia Pérez, de que as informacións que se van dando son vía medios de comunicación. A conclusión é ben sinxela: o único que se pretende é tomar unha medida con claras tinguiduras electoralistas.

A concelleira de facenda, Ana Alonso, defendeu unha vez máis as boas praxes na xestión económica do goberno do que forma parte. Repetiu o mesmo discurso que todos os plenos nos que se debaten os orzamentos municipais: equilibrio orzamentario, racionalidade no gasto, boa xestión en tempos de crise, …

A contradición planeou sobre o argumentario defendido pola concelleira do Partido Popular. Referiuse a que a proposta debatida no mediodía do luns, “xa ía ser tratada no Pleno de Novembro”. Mais un dos motivos da convocatoria urxente, referíase a que os tempos están axustados para que a proposta sexa aprobada para o ano 2015.

Cecilia Pérez insistiu en que a única vontade do goberno municipal para defender a proposta de rebaixa do canon, baseábase nunha intención claramente electoralista. Avogou por unha modificación profunda das fórmulas para os que máis teñen, máis paguen, mais iso xa quedará para un novo mandato.

Finalmente a proposta foi apoiada por 20 votos a favor e a abstención de AER.

10371896_656682427734136_4707414981257030143_n

Cecilia Pérez: “A proposta de rebaixa do IBI, constitúe unha medida claramente electoralista”.