Imprimir

Dende o BNG insisten en que o goberno municipal de Redondela, incluíu na súa axenda a eliminación das concentracións contra o feminicidio.

bngredondela | 16 de outubro de 2019

BNG Redondela
BNG Redondela

“Na orde do día do Consello Municipal, nunca se incluíu o debate e votación da propostas forzando a edil nacionalista, Jéssica García, a que se clarexara”.

As declaracións verquidas polo goberno municipal de Redondela sobre a eliminación das concentracións mensuais contra o feminicidio,  constitúen un intento de acalar as voces críticas que no propio Consello se manifestaron, aclaran dende a organización nacionalista. A edil, Jéssica García considera que “actuouse a mala fe, posto que na orde do día do Consello non se recolleu en ningún momento a proposta. Unicamente se incluíu un punto xenérico de actuacións da Concellería, que dirixe a alcaldesa Digna Rivas. Forzada pola situación, levouse a cabo a votación”.

Para o BNG confírmase a folla de ruta do goberno municipal, “coa única escusa de que non congregaba a moitos veciños e veciñas, mais de grande valor simbólico”. No BNG ven lóxico que AER apoiara a eliminación destas concentracións, posto que en oito anos non participou das mesmas, mais sorpréndelles a postura do PSOE, que nese mesmo tempo nunca as cuestionou publicamente, e agora vese forzado a facelo.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/dende-bng-insisten-goberno-municipal-redondela-incluiu-sua-axenda-eliminacion-das-concentracions-feminicidio/20191016180836002549.html


© 2019 Bloque Nacionalista Galego de Redondela

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal