Sobre o fin do conflicto co transporte escolar do alumnado do IES Mendiño

IMG_20181009_191423
O BNG reuniuse con nais e pais afectadas.

Logo de dous meses de  protestas e xuntanzas que concluíron cunha reunión das familias afectadas co servizo de inspección, púxose fin a un conflito que empezou coa negativa do uso do transporte o alumnado de  bacharelato e que descubriu todo unha chea de irregularidades por parte dunha das empresas encargadas do mesmo.

Sobre o fin do conflicto co transporte escolar do alumnado do IES Mendiño

Foron estas mobilizacións as que conseguiron que a Consellería obrigara a esta empresa a cumprir co estipulado no contrato e o alumnado de bacharelato volve así  a recuperar o acceso o transporte.

Dende o BNG de Redondela, queremos amosar a nosa satisfacción pola solución acadada, diante dunha situación que tantos problemas e malestar  causou.

Dende logo felicitar as familias e alumnado que foron as que coa súa loita e determinación fixeron posible este desenlace.

Salientar tamén a comprensión  e  apoio que dende a dirección do centro se deu  en todo momento a esta xusta reivindicación.

Unha vez mais tivo que ser a loita e a presión social, as que fixeron posible a recuperación dun dereito tan básico como é o acceso ao ensino en igualdade de  condicións, independentemente de que vivas no centro urbano ou en calquera das parroquias do noso concello.

Rexeitamos a actitude do Goberno Local que durante dous meses estivo desaparecido e facendo deixadez de funcións.

Sinalar que en ningún momento fixeron  ningún tipo de xestión ou mediación  para acadar unha solucións “máis alá de anuncios publicitarios” os que xa nos teñen acostumados.

Lembrar que con data 25 de setembro, o Portavoz Municipal do BNG,  Xoan  Carlos González, presentou  por rexistro un escrito dirixido o alcalde, no cal se denunciaba esta situación e solicitaba a  súa intervención, sen que fixera caso algún.

Dende logo a solución non veu pola mediación nin a xestión do Goberno Local e moito menos pola implicación de Javier Bas.

Sobre o fin do conflicto co transporte escolar do alumnado do IES Mendiño