Xoán Carlos González, afirma que o goberno de Javier Bas, “nunca permitiu achegas no Proxecto da Avenida de Vigo”.

Xoán Carlos González, afirma que o goberno de Javier Bas, “nunca permitiu achegas no Proxecto da Avenida de Vigo”.

O edil do BNG afirma que a presentación ao Consello Parroquial de Chapela destas obras, foi a posteriori de seren adxudicadas, con moi limitadas posibilidades de poderen presentar achegas.

Segundo Xoán Carlos González, “o goberno de Javier Bas ninguneou ao Consello Parroquial, para que este puidera presentar propostas antes de que se publicitaran e licitaran as obras”, cualificando esta actitude de escurantista “O único que fixeron foi un dar conta do que se ía levar a cabo. Cando xa a obra estaba adxudicada, non se podían facer grandes achegas”, sinala.

Recorda como o Proxecto foi presentado na precampaña das autonómicas, e non foi levado ao Consello, ata xaneiro do 2017. “Nese momento, as achegas dos colectivos e as modificacións podían ser mínimas, demostrando a actitude de desprezo ante o,

Apunta o concelleiro nacionalista, que en decembro solicitaron unha convocatoria extraordinaria do Consello Parroquial para informar aos colectivos parroquiais, iniciativa que o goberno de Javier Bas, negou.

Para o BNG, a eliminación do tráfico pesado neste punto de Chapela, xunto á redución do tráfico rodado en vehículo particular, son pezas clave neste proceso. Ata agora non existe Proxecto para desviar os camións, e o PP en Compostela, nega a posibilidade de eliminar a peaxe para desviar o tráfico que pasa por esta parroquia”, destaca o concelleiro nacionalista.

Considera Xoán Carlos González que “detrás de todos esta estratexia asoma a incapacidade do goberno de Javier Bas, de prantexar unha verdadeira humanización dos espazos públicos de Redondela. A filosofía que debe sustentar esta inversión económica e social, baséase no dereito dos cidadáns a ocupar as rúas”.

O concelleiro do BNG, salienta finalmente o feito de que Mari Carme Amoedo “ningunee” ao seu compañeiro e presidente do Consello Parroquial, Miguel Ángel Ballesteros, deixando ben ás claras quen manda verdadeiramente no goberno municipal de Redondela.

 

Xoán Carlos González, afirma que o goberno de Javier Bas, “nunca permitiu achegas no Proxecto da Avenida de Vigo”.