Imprimir

O goberno de Javier Bas, recoñece a “despreocupación” por servizos sociais.

bngredondela | 09 de Xaneiro de 2019

Baixo para Servizos Sociais na urbanización de Regojo
Baixo para Servizos Sociais na urbanización de Regojo

No 2005 iniciáronse as obras de construción de varios edificios no solar da antiga fábrica de Regojo, co compromiso de cesión dun espazo para as oficinas do CIM e Servizos Sociais. Hoxe en día soamente se levaron a cabo dous, mais mantívose o acordo polo cal o Concello dispuña dun local de 300 m2, xa dende decembro de 2017.

Chama a atención que se inicien estes trámites para efectivizar este compromiso, seis meses despois de que o goberno de Javier Bas anunciara a súa pretensión de levalo ao Multiusos da Xunqueira, ameazando á oposición que se non se apoiaban os orzamentos, non se podería executar. De xeito vergoñento chantaxeábase cun departamento tan  relevante na acción municipal.

Unha vez acadada a cesión, dende hai un ano Redondela dispón dun anteproxecto elaborado polos técnicos municipais. A estimación de 200.000€ para abordar a obra, permitirían levala a bo termo. Nin o famoso remanente, ou con partidas dos orzamentos ordinarios, nin fondos do Plan Concellos. Dende o goberno municipal afírmase que se utilizarán Fondos Europeos, para realizar a obra. Revisados os diversos proxectos postos en marcha con estas partidas, compróbase que ningún ten a ver co traslado do departamento. As prioridades, ulas?

Todo depende de cal debe ser o modelo de concello que se pretende implantar. Cómpre recordar como no seu momento o BNG afrontou a adaptación dos baixos do Pavillón de Chapela, con fondos municipais para crear unha nova unidade de atención social. Considerouse como actuación necesaria e prioritaria. A iniciativa, que agora ralentiza o goberno de Javier Bas de trasladar Servizos Sociais, vía convenio urbanístico xurdiu do traballo de crear unha verdadeira Rede en Redondela conformado por : Sede de Servizos Sociais en Redondela, Sede de Servizos Sociais en Chapela, Centro de Día de Cesantes, Centro de Día en Trasmañó, e Escola Infantil en Chapela. Os pasos que no seu día se deron, afianzaron parte destas actuacións, que malia o PP, estanse convertendo en realidade.

Demóstrase novamente que o goberno de Javier Bas actúa en función de intereses electoralistas, caprichosos, con falsidades e mentiras, construíndo unha imaxe idílica dunha Redondela que non existe. Mentres, quen padece, este goberno, é a veciñanza.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/goberno-javier-bas-reconece-despreocupacion-servizos-sociais/20190109175547002498.html


© 2019 Bloque Nacionalista Galego de Redondela

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal