Nós Candidatura Galega, pónse a traballar en Redondela.

Nós Candidatura Galega, pónse a traballar en Redondela.

Coa presenza o domingo 22 dun nutrido grupo de persoas integrantes de Nós Candidatura Galega Redondela ao Acto de Presentación de Candidaturas , iniciouse o traballo de cara ás eleicións do 20 de Decembro. “Dende Redondela enfocamos esta Campaña con optimismo, capacidade de traballo, e coa convicción de que somos a única candidatura galega que vai levar a voz do noso pobo ao Congreso”, manifestaron algúns dos participantes. “Que Carme Adán estea en Madrid, constitúe o noso grande obxectivo para estas eleicións”, sinalan.

Preséntase longa e dura a actividade pre, e eleitoral durante o vindeiro mes, mais “nós xa estamos acostumados a implicarnos ao cen por cen en todas as campañas. Sabemos que se non hai un traballo previo detrás, quince días ou un mes de campaña, non nos vai servir de nada”, manifestaba algún dos asistentes a este Acto no Pazo de Congresos.

Outra das persoas que se desprazou dende Redondela a Compostela para xuntarse con outros 2.000 asistentes na presentación das candidaturas, referíase a que “estamos tremendamente ilusionad@s. O proceso de eleición das persoas que conforman as candidaturas, converteuse nun exercicio de participación democrática sen precedentes. Eleximos de xeito direito quen vai a levar a voz do pobo galego a Madrid. Isto trasmítenos moita forza e confianza”.

Este sentemento xeral expresouse na idea de que Nós Candidatura Galega, preséntase para defender os nosos sectores productivos, o futuro da nosa mocidade, a defensa das pensións, frenar as políticas antisociais do PP… “Isto todo, xunto á reformulación que do Estado vai ter lugar na vindeira lexislatura, na que somentes nós podemos levar as aspiracións do pobo galego a aparecer en pé de igualdade con outros nacións do Estado supón que debemos traballar arreo durante estas semanas”, referíuse outro dos asistentes a Acto de Precampaña.

Dende Nós Candidatura Galega queren facer un chamamento a todos os veciños e veciñas de Redondela que “de verdade crean en Galiza como un País con futuro, en colaborar na Campaña. Vai ser unha campaña sufragada do noso peto, co noso traballo de difusión do Programa”. Colaboración nas aportacións económicas, participación nos actos eleitorais, difusión do Proxecto para respaldar a presenza de Nós Candidatura Galega no Congreso en Madrid é o chamado destas persoas para o conxunto da veciñanza redondelá.

Referíndose en concreto a Redondela, destacaron as persoas que se trasladaron ata a capital do País “que por sermos un concello enormemente afectado por infraestructuras e competenzas estataís, ninguén como Carme Adán vai levar os noso problemas, as nosas demandas e as nosas solucións ao Congreso”. Recordan que a deputada don BNG, Olaia Fernández, foi a única que nestes catro anos levou a Madrid, problemáticas concretas que afectaban aos nosos veciños e veciñas.

Nós Candidatura Galega, pónse a traballar en Redondela.